Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

Escribín socorro..

escribín socorro
tapeino cunha palmeira
verde
frondosa
pinteina de cores
transparentes
heteroxéneas
alcei o ollar
mireite
estabas descalza
e o chan ardeu en desexos
de poder seguir as túas pegadas
puxécheste os zapatos
e ti preguntáchesme
qué facía
e eu
enmudecín
dixeches que o coiro
mancábate
e eu quixen
tecer unha tea
que puidese
facer
que cada pegada túa
camiñase cara a utopía

Sofía Fernandez Gonzalez

image2
Ilustración da autora

The daylight was shining into his mouth.

the daylight was shining into his mouth
con este verso case pode verse a luz a saír da boca do pai
iluminando todo o cuarto: el amanecer resplandecía en su boca.
mory ponsowy conseguíu con esta tradución trasladar a determinación
de sharon olds á versión castelá. é olds unha poeta rotunda e vigorosa.
hai verdade no que di. non porque narre a súa vida mais por ser quen
de fitar a propia dor/de a describir como se fose doutro
abrindo así un  espazo para a súa ferida máis fonda
porque a morte dun pai é sen dúbida algo que non chega
a cicatrizar xamais. sharon se resiste á conformidade.
conserva esta dor/ ábrea cando é preciso.
Sabe que as cicatrices son feridas que dormen.
mahmoud darwish tamén é consciente disto
da condición sonámbula destas costuras
mais prefire o sarcasmo para se sobrepor
ao seu efecto devastador.
qué farei eu coas miñas feridas?
-pregúntome algunhas veces-
cómo conseguirei
non afogar
no seu veleno?

Rosa Enríquez

Poema pertencente ao libro: “Historia do meu corpo en labaradas”.

Noemí Cordeiro Docío
Fotografía: Noemí Codeiro Docío