Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

Un bosque de fumes

 

Un poder, semellante á luz
ollos de pez
cachucha de porco
a natureza desta terra abrúmame
tamén a súa conciencia
nesta terra ollamos ao azul con lonxana tristura
e podrecemos á dereita deste mundo cabrón
Luz
Lume
unha chamada perdida atolada
ninguén nos olla, sexamos fume!
nin tan sequera deus
sexamos fume!
esta terra é de balde
máis vánnola cobrar
O poeta cala, xa ninguén lle escoita
que màis da!
ao poeta so lle queda a poesía
a esta terra unha pequena esperanza
un lixeiro futuro
luz, un poder
e unha cachucha de porco

 

Autor: Manuel Jorge Maside Salgado

Fotografía: David Nóvoa Sequeiros

Manuel Jorge Maside Salgado; Poemas.

I
Na escuridade, realmente so, podrecendo,
a vida de sal desfaise nas maos
e o que no solpor era vivo e laranxa
agora carece de vida e cor.
Na escuridade o soño debuxa un sorriso de cinsa
(e o único ledo)
son ledicias de mar e de outeiro
baixo os outos deuses/máquinas
a miña man explora a noite
e todo semella paralizarse nese intre.
Soñei co teu rostro, muller,
non o puiden tocar
as maos noxentas, o rostro perfecto.
David Nóvoa Sequeiros
Fotografía: David Nóvoa
II
A árbore no chora follas/sanga savia
Ao igual
Ti non choras bagoas de luz
sangas vida polas feridas.
Marcharei cara Oriente na procura de paz/soñarei
as verbas coma auga para miña sede
e voltarei desfeito, mais ao fin cheo