Archivo de la categoría: Poesía

Un poeta é aquel que albisca máis alá do seu crepúsculo e contempla as miúdas pingueiras de átomos solemnes que mudan a dor do contemplativo, a poesía é un refuxio para o antihéroe que entende o mundo mellor que ninguén máis non enturbia as augas para que parezan máis profundas. A algúns póñenselle os pelos de punta no solpor, outros, gardan o vacío existencial no seu corpo e mudan de pel se é necesario.
O poeta recita para sí mesmo a melodía da contracultura neste século que pide a berros unha transformación prudente. El naceu para ser destiño, para debuxalo, para ser o sinxelo interlocutor entre o ego e os atributos estoicos. O poeta non teme ser incomprendido, non pretende o rapsoda actual rimar en estructura metódica se non danzar arredor das palabras e erguer a testa ante a morte, sen medo, sabendo que non significa nada. A contracultura naceu para debuxar nas marxes das libretas, romper as estructuras do arte e elevar a calquera mortal a unha inspiración catártica xa sexa a partir de Rimbaud ou de Kiko Neves.

Pablo Gómez Portas

VERTIXE

Vertixe. s,f. Supoño que será ese o apelido máis apropiado para este día de agosto que
xa é máis noite ca día, que xa é máis vello ca mozo.
A vertixe típica de ter aínda os dedos repousando na contraportada do último libro que
devoraches, saboreaches e no que te perdiches ata agora.

 Porque agora e ágora. Ágora é agora.

Un aberto sen apenas lindes ou cun único linde no que te atopas á espreita do que fique
baixo el. Supoño que será a mesma sensación ca do escritor cando fai acrobacias na
primeira liña da páxina en branco… cando só atopa unhas poucas letras nas que
suxeitarse sobre un océano de palabras…
sobre un deserto de certezas.

 Autora: Natalia Umpiérrez Suárez

Fotografía: David Novoa

 

PONTEVEDRA

Unha tarde calquera que sopre un vento fino

Paseniño polas rúas de Pontevedra

Sobrepasando o volumen recomendado do móbil e coa fame dun conde

Determinarei se comer, que comer, onde e a que prezo

Sei que a estética será relevante

Pero mais a impresión olfativa, sen dúbida

Porque en Pontevedra diso sabemos un pouco, e non é que o saber se concentre na nosa ría, mais o bo saber é intrínseco ao aire “baixo”

E falando así, a ras de chan, pedirei nécora de Bueu e dourada de Portonovo se @ cociñeir@ sobrepasa os 50 paos, Albariño de Meis se a botella e recén aberta e flan presupoño de ovos da casa

É unha obviadade o bo paladar desta nazón, mais eu non o antepoño ao tempo, ás responsabilidades, ao cumprimento da miña palabra

Pois non esquezas nunca que de Pontevedra sabemos poucos os alí dotados mais a defensa a ultranza das pistas forestais que nos conduzan a Sodoma sen ser sodomizados polos verdes é a nai de toda idiosincrasia imaxinable,

Iso e calar, calar, calar e mirar pra outro lado coma se non pasase nada

Pois a economia hai que movela amigo

Todos temos fame o erguernos

60 anos de ENCE, a heroína que volve

Só espero que o fermoso casco vello permaneza erecto e belo

Coa vida suficiente

Como pra darme a elexir outro tipo de menú o dia que volva.

Aarón Roble Pulido