Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 57: Centenario da Asemblea de Lugo de 1918

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 16-11-2018

Entrevista: Con Lois Losada falamos dos actos de conmemoración da Asemblea de Lugo do 1918 organizados naquela cidade. Así coma que significou aquela histórica reunión das Irmandades da Fala.

mnf_lugo1
Manifesto da Asamblea de Lugo de 1918

Faladoiro: O centeraio do nacionalismo galego,  nosos colaboradores comentarán como foi históricamente a evolución do galeguismo, así coma que significou na nosa historia aquel acto. Tamén tentamos dar resposta a enquisa feita nas nosas redes: É o nacionalismo unha ideoloxía axeitada para o século XXI?

Participantes-Asamblea-noviembre_EDIIMA20131118_0422_13
Fotografía da Asamblea de Lugo de 1918

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

MÚSICA CON DO (Cp1)

Autora: Nagore Fernández Ruiz


Arranca Música con Denominación de Orixe, o novo espazo da Revista Orballo que vos achega as propostas musicais emerxentes de toda Galicia. Nesta primeira selección contamos con temas de The Scarnivals, Cuarta Xusta, Son da Rúa, High Paw e Neiz, agrupacións con distintos estilos que forman parte do panorama musical do territorio.

Música con DO (9-11-2018)

 

 

The Skarnivals (fonte Facebook scarnivals)
The Skarnivlas (Facebook)

THE SKARNIVALS é o grupo veterano desta primeira edición. O seu estilo atópase entre o ska, o folk e o punk cun percorrido iniciado no 2009. A canción que presentamos leva como nome Foliada Verdecente e forma parte do disco Movimiento Irracional publicado no 2016.

RRSS: @skarnivals en Facebook e @theskarnivals en Instagram

YouTube: The Skarnivals 

 

Cuarta Xusta (fonte Facebook CuartaXusta)
Cuarta Xusta (Facebook)

CUARTA XUSTA comezou no 2016 a súa andaina polo rock en galego. En xaneiro de 2018 publicouse o seu primeiro disco titulado Un novo despertar, un traballo composto por letras reivindicativas e feministas como Lección de Historia, canción na que colabora o músico, xornalista e cineasta Xosé Antón Bocixa Rei.

RRSS: @CuartaXusta en Instagram e Facebook

YouTube: Cuarta Xusta

 

Son da Rúa (Fonte Facebook SonDaRuaGZ)
Son da Rúa (Facebook)

SON DA RÚA creouse en Ponteareas no ano 2016 coas voces de Hugo Guezeta e Álex Arnoso na súa formación de rap en galego. No 2018 presentaron o EP Liberando Mentes, un traballo composto por cinco temas que comeza co titulado Os dous de sempre.

RRSS: @SonDaRuaGZ en Facebook e @sondarua en Instagram

YouTube: SonDaRúa

 

High Paw facebook HighPawVigo
High Paw (Facebook)

HIGH PAW é unha das representantes do reggae galego. A viguesa publicou no 2017 o EP Searching for the recipe e a súa traxectoria sobre o escenario levouna ao outro lado do charco cunha xira por México que estrea o 15 de novembro. Escoitamos A little Flower, un tema que viu a luz no 2017 mediante o selo barcelonés La Panchita Records.

RRSS: @HighPawVigo en Facebook e @highpawgz en Instagram

YouTube: High Paw

Neiz (fonte Facebook NeizOficial)
Neiz (Facebook)

NEIZ é unha banda ourensá que versiona música de diferentes estilos. A súa traxectoria arrancou no 2017, ano no que publicaron o seu primeiro e único single de estudio titulado Far Away. Forma parte do selo La Bodeguilla e actualmente intégrana voz, guitarra e saxofón.

RRSS: @NeizOficial en Facebook e @neizz_ en Instagram

YouTube: Bodeguilla music & fun