Lucas Rodicio fálanos do seu proxecto de longa maduración
Lucas Rodicio guitarrista de Blues Time(fonte facebook)
Neste capítulo de Revista Orballo entrevistamos ó guitarrista Lucas Rodicio que nos falará do seu proxecto musical, Blues Time, que o propio artista definiu coma un traballo de “longa maduración”.
Poderedes escoitalo podcast completo do “Capítulo 75: Tempo de Blues” nos vindeiros días. Non o perdades.
Entrevista a Xiana Lastra cantante e compositora de ” A Banda da Loba”:
Neste primeiro capítulo da nova tempada de Revista Orballo en Radio Allariz, falamos do grupo que máis entusiasmo está a causar na escea musical galega: ” A Banda da Loba”. Repasamos os premios recibidos, entre eles o gañado recentemente pola deputación da Coruña e por Fademur ( Mulleres rurais) e do premio tamén levado no certamen Aritmar de música galega e portuguesa e onde “A Banda da Loba” gañaría o premio de mellor canción en galego con ” Bailando as Rúas” canción que é título do seu derradeiro traballo. Falamos tamén de Pepa a Loba, da súa historia e do seu imaxinario, da canción ” Afogadas” e do pobo de Aceredo, de Celso Emilio Ferreiro e da súa importancia tanto no proxecto de ” A Banda da Loba” como na carreira persoal de Xiana Lastra no mundo da música e mesmo da Poesía.
Promoción Xira ” Bailando ás Rúas” o seu último disco .
Forman a Banda: Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra.
Canción “Pepa” adicada a bandoleira galega Pepa a Loba.
Unha entrevista de Pablo Gómez Portas.
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.