Archivo de la categoría: Radio Orballo

CAPÍTULO 70: O FUTURO DA RADIO

Antes de nada pedimos desculpas por non poder subir o “Capítulo 69”, por un erro técnico ise programa pasou a historia coma o Pantasma.

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 1 de marzo de 2019:

Faladoiro, “O Futuro da Radio”: Segunda parte do faladoiro do Día da Radio, nel analizamos o futuro dos medios máis afondo e facemos un repaso das festas do Entroido.

radio

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Capítulo 68: De autónomos e Día da Radio

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa do 15 de febreiro de 2019

Ir a descargar

Moncho Conde

Entrevista: falamos co xornalista ourensán Moncho Conde Corbal, que nos falará da folga de autónomos convocada para o mérores 20 de febreiro en Ourense.

Estudios de Radio Allariz

Faladoiro/ Autónomos e Día da Radio: aprobeitando a entevista nosos colaboradores falarán deses “superheroes” que levan as costas a nosa economía, os autónomos. Tamén lembrarémonos do Día da Radio que se celebrou o pasado día 13 de febreiro. Un programa cheo de historias, información e moitas risas. Non o perdades!

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18:30h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!