Entrevista: esta fin de semana dous membros de Orballo, Pablo G.Portas e Roi Nómade, acudiron a Vitoria-Gasteiz a un encontro de asociacións culturais do norte da península: «Como generamos espacios de ocio y cultura alternativa?». Falarannos dos obxectivos desta viaxe xunto con Uxía da asociación ourensá Bildung e David de Podemos Vigo.
Roi, Uxía e Pablo
Faladoiro: Co gallo destas xorndas en eukadi falaremos sobre o asociacionismo entre organizacións culturais.
Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
revistaorballo.com: Comezamos facendo un repaso as útimas novidades na nosa web, revistaorballo.com, comentando os artigos publicados durantes os días previos á emisión.
Entrevista: mantemos unha coversa con Moncho Conde Corbal, xornalista ourensán e dono do café cultural El Cercano, que nos falará sobre as xornadas sobre o fracaso que celebrará no seu local o vindeiro 20 abril.
Moncho Conde (twitter)
Faladoiro: O Fracaso, sempre falamos de aqueles que triunfaron nas súas vidas, ou pola contrada de outros que tras tocar fondo emerxeron e coñeceron os meles do éxito, pero pola contra que lles ocorreu aqueles que non tiveron tanta sorte? Como asumimos os nosos fracasos? Foi Chaplin o primeiro que fixo un papel protagonista dun antiheroe fracasado? Que nos ensina a parábola chinesa do home e o cabalo?
Fotograma de «Modern Times» de Charles Chaplin
Lembrade que podedes escoitalo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Novas, historia, literatura, arte, música e deporte en Galicia.