Archivo de la categoría: Radio Orballo

Capítulo 8: Novo Réxime

Xa podedes escoitalo podcast da derradeira entrega do Programa Orballo de Radio Allariz!

win_20161118_17_41_39_pro
Parte do equipo do Pograma Oraballo durante a emisión.

Neste programa tivemos os seguintes contidos:

Nas derradeiras semanas a victoria de Donald Trump nas eleccións de EEUU alimentou ás vellas pantasmas da tiranía e o medo ao nacemento de gobernos autoritarios. No faladoiro de hoxe analizaremos se é posible o nacemento de rexímenes dictatoriais no mundo occidental. Economía, antecedentes históricos, filmes coma La Ola ou a actualidade política serán as fontes para tentar atopala resposta ao tema a debater.

fotogrma-do-filme-la-ola-2008
Fotograma da película La Ola (2008)

Tamén teremos unha nova entrega da sección Doña Melitona dedicada a Leonard Cohen, recentemente falecido. Repasaremos a traxectoria do artista cos seus temas Dance me to the end of love, Want it darker e Hallelujah.

leonard-cohen
Leonard Cohen

Lembrade coma sempre que podedes seguilo programa en directo tódolos venres de 16:30 a 18h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz.

Capítulo 7: A Nosa Lingua

Xa está na rede o programa do pasado venres 11 de novembro, día de San Martiño. Nesta nova entrega tivemos moito contido:

Dende Huesca, no Alto Aragón, visitáronnos os nosos amigos de De la Roca al Metal que estes días andan de xira por Galicia para presentarnos o seu proxecto. Un traballo que achega á sociedade a arqueoloxía mediante a realización de obradoiros de metalurxia e arte prehistórica.

15058626_1111633392290007_1827191759_n
Andrés, Abel e Hugo, membros de De la Roca al Metal.

Tamén pasou un anaco na nosa compaña outro bo amigo de Orballo, Josito Porto, cantante e guitarrista de Factoría de Subsistencia, para falar do seu grupo e da súa obra, e dar un repaso á actualidade do estado das bandas musicais no noso país.

thumbnail_DSC_3231
Josito Porto.

Para rematar, co gallo do centenario do nacemento das Irmandades da Fala, tivemos un pequeno faladoiro sobre o estado da lingua galega, cal foi a evolución do emprego da fala nestes cen anos? É útil? Que futuro lle agarda a nosa lingua? Serán algunhas das preguntas que tratamos de respostar.

Lembrade que podedes seguir o noso programa cada venres de 16.30 a 18h en Radio Allariz no 107.2fm, ou online na web de Radio Allariz.

Podcast Programa Orballo de Radio Allariz do 11-11-2016.