Archivo de la categoría: Radio Orballo

Especial “Dadaísmo” no Cercano Café

Xa está aquí o novo episodio de Orballo de Radio Allariz. Neste capítulo temos un especial sobre o Dadaísmo co gallo do evento “La Gran Chafallada” que o venres 4 de novembro celebrou o café El Cercano (Ourense), para conmemoralo centenario do Cabaret Voltaire de Zurich, berce do movemento do Dadaísmo. Tamén teremos unha nova entrega da sección Doña Melitona, onde falaremos de “flamenco dadaista”.

Podemos dicir que este foi a nosa mellor entrega, quedou moi…moi… Bueno o mellor será que entredes e vexades a “nosa gran chafallada”!!

Lembrade que podedes seguirnos en directo cada venres en Radio Allariz no 107.2fm ou na web de Radio Allariz.

Especial “La Gran Chafallada” do 04 de novembro de 2016.

Capítulo 5: Os medios de Comunicación na Actualidade

Xa podedes escoitar en IVOOX o programa Orballo deste venres en Radio Allariz. Co gallo do aniversario da primeira emisión de Televisión Española falamos dos medios de comunicación: a súa evolución ao longo dos anos e como inflúen na sociedade actual; tamén temos unha nova entrega da sección Microcápsulas sobre o grupo Le Parody.

Lembra que podes seguir o programa en directo tódolos venres de 16.30h a 18h en Radio Allariz, no 107.2fm ou na rede. Búscanos no Facebook en Revista Orballo onde poderedes ver os comentarios, imaxes e vídeos que subamos durante o directo.