Xa está aquí o novo episodio de Orballo de Radio Allariz. Neste capítulo temos un especial sobre o Dadaísmo co gallo do evento «La Gran Chafallada» que o venres 4 de novembro celebrou o café El Cercano (Ourense), para conmemoralo centenario do Cabaret Voltaire de Zurich, berce do movemento do Dadaísmo. Tamén teremos unha nova entrega da sección Doña Melitona, onde falaremos de «flamenco dadaista».
Podemos dicir que este foi a nosa mellor entrega, quedou moi…moi… Bueno o mellor será que entredes e vexades a «nosa gran chafallada»!!
Lembrade que podedes seguirnos en directo cada venres en Radio Allariz no 107.2fm ou na web de Radio Allariz.