No tempo no que as bestas falaban un mariñeiro, nunha das súas viaxes, chegou a unha illa, na cal só vivía un home cas súas ovellas. O pastor era alto coma un outeiro e forte coma un boi, mais a característica que máis destacaba nel era que lle faltaba un ollo. O torto cando se decatou da chegada dun estraño a súa terra entrou en cólera, xa que el era amo e señor daquela insua e non consentía que ninguén estivese nela sen o seu permiso. Cando tentou tomar prisioneiro ao intruso produciuse unha loita entre eles, que se saldou ca morte do chosco.

Cando o mariñeiro volveu a súa patria coma un heroe vitorioso contou con fachenda a súa fazaña. A historia estendeuse axiña polo territorio, mais o ir de boca en boca mudara por completo quedando tal que así: “Un mariñeiro chegou a unha illa habitada por seres monstruosos e derrotou en combate singular á peor daquelas bestas, un xigante dun só ollo”.
Edición e redacción: David Sabucedo Cardero
Ilustración:Andy Hermida