Archivo de la categoría: Radio

Capítulo 34: O pesadelo de Obi

Xa está aquí o novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 24-11-2017 (para escoitalo podcast preme aquí)

Neste programa especial, no faladoiro, viaxaremos ó continente africano, concretamente ó Golfo de Guinea, na África ecuatorial, a un pequeno país desa rexión moi vencellado a España pola súa historia e cultura: Guinea Ecuatorial. Nesta odisea acompañaranos coma guía o mestre Luis Escudero, colaborador de organizacións que loitan pola salvagarda dos dereitos humanos en Guinea e un “gran amigo das súas xentes”, coma el se define. Nas derradeiras semanas Luis está loitando pola liberación do preso político Ramón Esono.

OO25C11F6_1
Tutu Alicante (esquerda) e Luis Escudero (dereita)/fotog. Miguel Villar.

O debuxante e activista opositor ecuatoguineano Ramón Esono Ebalé foi detido o sádabo 16 de setembro en Malabo, capital de Guinea Ecuatorial. Acusado falsamente de branqueo de capitais e falsificación de diñeiro foi encadeado na terrorífica prisión de Black Beach. O verdadeiro motivo da detención do ilustrador foi a realización da novela gráfica La Pesadilla de Obi, obra na que é moi crítico co dictador guineano Teodoro Obiang, que leva no poder 40 anos.

ramon-esono-
Ramón Esono Ebalé

Lembrade que podedes seguir en directo o programa tódolos venres as 16h e 22h en Radio Allariz no 107.2Fm. Non o perdades!

Capítulo 33: As frechas do Amor

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 17 de novembro de 2017 (para escoitalo podcast preme aquí)

Faladoiro: As frechas do Amor, os tempos mudan moi axiña e con eles a nosa forma de relacionarnos entre nós, polo que nos preguntamos: como será o amor no futuro? Soñan os humanos con parellas electrónicas? Como mudou o concepto do amor ó longo dos tempos?

n-DATING-628x314
Como mudou a tecnoloxía as relacións?

Microcápsulas: Juana Molina, a nosa sección musical ven adicada desta quenda a esta artista arxentina.

20140721-juana-molina-de-vuelta-en-buenos-aires-620x277-53cd344458b80
Juana Molina

Lembrade que podedes escoitalo programa nas ondas cada venres as 16h e 22h en Radio Allariz no 107.2fm. Non o perdades!