Archivo de la categoría: Radio

Capítulo 28 “Imos cos Titulares”

Volve Orballo e desta volta cargado de humor !!

https://www.ivoox.com/programa-28-4-2017-audios-mp3_rf_18496158_1.html (para escoitalo podcast preme aquí) 

042ba6d

Na entrevista de hoxe teremos a Iago Corral Feijoo xa que acaban de comezar cunha nova andaina a nivel musical , desta volta con raices portuguesas e cun selo propio chamado ” Molho ” e que dará moito que falar na nosa xeografía.

Enlace Molho :https://www.facebook.com/somosmolho/?hc_ref=PAGES_TIMELINE

el-pueblo-cafe-cultural

No faladoiro e como novidade , estréase un integrante de Revista Orballo , Roberto Nespereira nun programa desta volta cargado de humor e onde os titulares informativos serán o eixo central ou o máis ben o punto de partida da conversa , logo un cambio de rumbo e de ritmo levaranos cara outra eiva que garda moito de nós ; a infancia de cada un e as experiencias que tivemos de cativos.

22659468-peri-dicos-revistas-collage-cartas-del-fondo

Lembrade que podedes seguilo programa en directo tódolos venres de 17h a 18:30h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

Capítulo 27: Un final digno

Tralo parón da Semana Santa volve un novo Programa Orballo!

Programa Orballo 27, do 21-04-2017 (para escoitalo podcast preme aquí)

Neste capítulo:

Falaremos co noso compañeiro e presentador David Conde Seoane, ausente nesta ocasión no estudio, que nos falará do novo porxecto empresarial que comeza en O Renque, así coma darnos súa opinión sobre o tema do faladoiro.

img_9121
David Conde con Emilio Rúa        (fotog: Andrea Pérez Justo)

Faladoiro: A eutanasia, nas derradeiras semanas un novo caso dunha persoa discapacitada que puña punto e final a súa vida pola súa propia man volve levar ó escaparate informativo este controvertido tema. Morte á carta? Final Digno? Un debate apaixoante entre os nosos contetulios.

Doña Melitona: Volve unha das nosas clásicas seccións musicais, desta volta adicada a Hector Lavoe: “Cantante de Cantantes”, “La Voz”, “El Flaco”, algúns dos alcumes do artísta que consagrou La Salsa.

hector_lavoe_0
Héctor Lavoe

Lembrade que podedes seguilo programa en directo tódolos venres de 17h a 18:30h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!