Volve Orballo e desta volta cargado de humor !!
https://www.ivoox.com/programa-28-4-2017-audios-mp3_rf_18496158_1.html (para escoitalo podcast preme aquí)
Na entrevista de hoxe teremos a Iago Corral Feijoo xa que acaban de comezar cunha nova andaina a nivel musical , desta volta con raices portuguesas e cun selo propio chamado » Molho » e que dará moito que falar na nosa xeografía.
Enlace Molho :https://www.facebook.com/somosmolho/?hc_ref=PAGES_TIMELINE
No faladoiro e como novidade , estréase un integrante de Revista Orballo , Roberto Nespereira nun programa desta volta cargado de humor e onde os titulares informativos serán o eixo central ou o máis ben o punto de partida da conversa , logo un cambio de rumbo e de ritmo levaranos cara outra eiva que garda moito de nós ; a infancia de cada un e as experiencias que tivemos de cativos.
Lembrade que podedes seguilo programa en directo tódolos venres de 17h a 18:30h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!