Todos temos un propósito.

O pasado mércores 19 de outubro asistimos á conferencia de María J. Rodríguez López, terapeuta especializada na parte emocional das persoas, titulada “Perspectiva universal del desdoblamiento de los tiempos”, e que se realizou no Liceo de Ourense.
Esta xira en torno a preguntas como por que se me repiten as mesmas situacións? A que viñen eu a este mundo? Cal é o meu papel nesta vida? Preguntas que moitas persoas se fan nalgún momento da súa vida. Pois ben, as súas respostas, un tanto confusas, baséanse na comunicación e relación do que ela chama a “vida lineal” coa “vida non lineal”, o “ser” con o “non ser” ou o consciente con o inconsciente.

_mg_5855
María J. Rodríguez López na conferencia.

Trátase de afrontar os conflitos que se che presentan na túa vida lineal de maneira totalmente diferente a situacións anteriores. Para lograr isto, segundo María, hai que facelo sendo brutalmente honestos con nós mesmos dándonos de conta da situación e do conflito e mirándoo dende perspectivas diferentes. Chegados a este punto xa estás informando da situación ao “ser” o cal fai chegar a ti a información doutra posibilidade, das infinitas que hai, para resolvelo; a cal debes converter nun propósito. Este propósito a súa vez pode confrontarse con outra capa que ela chama a “programación”. Esta capa do ser é a culpable de que nos encontremos na nosa vida con situacións e circunstancias que non entendemos e que se nos repiten como un patrón como se nos mesmos as atraeramos; porque realmente isto é así. A programación pode romperse sendo consciente dela e afrontando as circunstancias dunha maneira totalmente diferente, xa que se me comporto coma sempre sóamente contemplarei esa posibilidade de actuar. Ao contemplar mais posibilidades fórmanse na nosa mente circuítos novos, é dicir cambio de patrón.

_mg_5865
Piráde de Hammel
_mg_5848
María J. Rodríguez durante a conferencia

Así baixando posibilidades, converténdoas en propósitos e realizando estes, podo solucionar os meus conflitos e vivir na miña vida lineal a posibilidade de ser; é dicir se produce a conexión do ser con o non ser: lei do desdobramento.

Segundo María o noso propósito de vida é: expandir conciencia.

Alba Losada García

Fotografía:Cris Armadanzas

De cando a violencia se mistura coas risas

Resortito e  Bigotito saben que nos autobuses que percorren a liña Cárdenas-Comalcalco-Villahermosa, os nenos só agardan por eles. Resortito e Bigotito son dous paiasos. Bromas, xogos de auga, imitacións, trucos… os nenos ríen a gargalladas e sempre volven a casa un pouco máis tarde porque os dous son moi bos. Resortito e Bigotito reúnen cada vez unhas cantas moedas, nada do outro mundo, pero sempre mellor que a limosna, e ademáis os sorrisos cristalinos fanlle sentirse contentos e satisfeitos.

Un malentendido, unha brincadeira cruel que se vai das mans, un atentado preciso e estudiado. A razón é inescrutable, pero o caso é que comeza a circular un rumor. Posiblemente falso. Baixo a perruca dos paiasos agóchanse informadores do exército. Resortito e Bigotito seguen a erguerse cedo e acudindo á estación de autobuses. Dende que están eles, os nenos van ó colexio de máis boa gana. Entón, o 2 de xaneiro de 2011,os corpos dos dous paiasos aparecen sen vida nas marxes dun camiño rural. Foron torturados e logo asasinados por disparos de fusil. Xunto ós cadáveres, nun papel, unha breve mensaxe de reivindicación: «Isto aconteceume porque era espía e cría que a SEDENA me protexía. A SEDENA, é o Ministerio de Defensa de México. Baixo á frase unhas siglas identifican ós responsables: FEZ (Forzas Especias Zetas).

30304062014grandes

Non hai límite á brutalidade dos Zetas: cadaleitos balanceándose colgados das pontes das cidades ante os ollos dos nenos a pleno día; corpos decapitados e descuartizados entre o lixo ou abandoados nas rúas, a miúdo cos pantalóns baixados coma unha última humillación; «narcofosas» descubertas no campo con decenas de cadáveres amontoados uns sobre os outros… As cidades convertéronse en escearios de guerra e en todo México o código de conducta da xente é soamente un: a violencia.

En moitos casos, hai unha franxa moi curta que separa as emocións ou os diversos estados de ánimo. Isto vese claro en frases cómo «do amor ó odio hai un paso.» Neste historia en concreto, a referencia ven dada do feito de que das risas á violencia, non hai nada, cando a situación e o contexto que nos rodea son depresivos totalmente. Hai quen busca no humor unha forma de evasión da realidade, e contaxia co seu sorriso e a súa felicidade a aqueles que queren compartir estados de ánimo. E tamén se di aquilo de hai que gardar das risas para as choras. Isto é algo que os protagonistas deste relato puideron, por desgracia, vivir en carne propia. Sirva este fragmento acollido do libro «Cero cero cero» de Roberto Saviano, como homenaxe sentida para eles, para que as bágoas que se poidan derramar nos axuden a comprobar o importante que é manter sempre un sorriso. Eu, dous días despois do acontecido, tiña, curiosamente, un exame en Lisboa sobre a socioloxía das artes e o espectáculo…

Traducción: David Conde Seoane

Para saber máis:

CeroCeroCero, Roberto Saviano (2014).