Capítulo 65: Imperialismo e globalización

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo de Radio Allariz! Neste capítulo:

Programa Orballo do 25 de xaneiro de 2019

I

Faladoiro, Imperialismo e Globalización: neste programa analizamos a raibosa actualidade española e mundial. A nivel global os ollos do mundo miran a Venezuela, onde unha movilización da oposición, apoiada por potencias estranxeiras, ameza o goberno de Nicolás Maduro. Sabedes que ten que ver Julio Iglesias en todo esto? Por outra banda en España o sector do taxi paraliza a capital, na que podería ser a derradeira batalla entre o vello mundo e un futuro que xa está aquí. Non o perdades!

Afundimento do acorazado de EEUU, Maine, en La Habana (1898)

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 18h  no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

O Auriense afianza o seu posto na parte alta da táboa

A loita polos primeiros postos intensifícase de cara ao final da primeira fase da liga masculina. As rapazas xa descansan de cara á segunda volta.

 Crónica: Roberto Nespereira.


 

Esta fin de semana a acción trasladouse á Illa de Arousa, testigo da décimo terceira xornada da liga de Fútbol Gaélico. O auriense desputaba o sábado pola tarde o partido contra o Dorna F.G. Os xogadores escenificaron a boa relación que existe entre ambas equipas cun encontro bonito e limpo do que puideron desfrutar os asistentes ao Campo da Bouza.

O partido arrancou cun predomino claro do Auriense, que se mantivo por riba no marcador a pesares da alta intensidade do rival. Finalmente o equipo ourensán volveu coa vitoria con 8 goles e 35 puntos en total fronte aos 24 puntos que acadou o Dorna que baixa un posto na clasificación xeral. Ovación do público para ambas agrupacións e un empuxe para os da casa que manteñen a súa loita na parte alta da táboa.

Quedan tan só dúas xornadas desta primeira fase e a semana que vén o Auriense F.G. viaxa ata as Rías Baixas para xogar contra o Pontevedra F.G. e o Estrela Gaels.

Estes son os resultados de tódolos equipos:

xornada 13 fg

Clasifiación Xeral:

Se queredes recordar como se mantiña a liga feminina podedes consultalo na crónica da semana pasada, a seman que vén máis e mellor en Revista Orballo.