Noa Moreira. Poesía

Vivimos os dous perseguindo o mesmo.

Corremos atrás da beleza caduca dos carballos que brotan no asfalto.

Nunca máis estaremos xuntos.

————————————————————-

Sangro palabras porque xa non hai estacións.

Desaparecen coa túa fuxida branca e silenciosa.

Viaxas polo mundo na miña cabeza.

———————————————————–

Pensei que os versos que levo cravados no pescozo botarían a berrar.

Ti xa dixeras todo.

O meu lugar tamén foi mar algunha vez.

————————————————————

Eu sei e comprendo a pose cruel e de futuro

que nos ofrece a vida despois do último suspiro.

E caio rendida.

———————————————————

Tamén estou obsesionada.

Ese o aberto e pechado das baldosas violetas polas que camiño.

E o momento exacto no que deixamos de ser musas.

Autora: Noa Moreira
Fotografía: Xose Garrido