Capítulo 52: O día do traballador

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa do 6 de maio de 2018:

Faladoiro: con motivo da festividade do 1 de maio facemos un faladoiro especial sobre a loita obreira. Da man do amigo César Mouriño (o que lembraredes do programa especial Good bye URSS) e dos nosos contertulios daremos un paseo por este apaixoante tema. Sabías por que se celebra este día reivindicativo nesta xornada? Como están os dereitos dos traballadores nos nosos días? Que futuro teñen?

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!

 

 

Poemas de pausa e pensamento

Bebo esta copa na soidade

Á saúde de todos os fillos de puta

Bebo porque non aturo máis sen beber

Porque eu son outro fillo de puta

Bebo porque cando estou no punto exacto

Impórtame un carallo o mundo

O mundo ten estrelas debuxadas no rostro

O mundo dáme igual

Estou bébedo

Camiño pola rúa dando eses

Mentres as nubes anuncian treboada

Deléitome co absurdo da situación

Semella que podo comprimir na man

Todo o coñecemento do mundo

Son feliz

Que máis da a cirrose

Morrer antes ou despois

Son feliz

E na felicidade etílica

Impórtame todo un carallo

 

 

Días ledos

Agradando isto

Soidade para beber

Deixar a mente en branco

Escoitar a música que me peta

Loitar contra o ar espeso

Facerlle a puñeta ao cor dourado

Inda cando asolaga o copo

Teño ganas de velo todo borroso

Teño ganas de saborear o fracaso

Loarei ao borracho de turno

Defecarei sobre a testa do perfectiño

O mundo é meu

Pódome perder nel cando me pete

Algún día será  o derradeiro

Antes ou cedo

E non quero pasalo sen vivilo á miña maneira

 

 

Morrerei fisicamente e morrerei na memoria dos demais

Desaparecerei para sempre

Un poeta de tantos

Se é que chego a poeta

Desaparezo

Mais con vómito asinei nas rúas da cidade varias veces

E alí permanezo quedo

Bebendo o alento dos rapaces bébedos

Voando dun lugar a outro

Pendurado dun fío de sangue

Morrerei para os demais

Eu non estarei para lembrarme a min mesmo

 

 

Dáme máis

Non quero parar xamais

Esta é a miña vida

Este é o meu lugar

O cerebro fodendo

I eu apagándoo con alcohol

Esta é a miña vida

Non pido nin máis nin menos

Só afogar

Nun mar quedo e de cor verde

Coma a esperanza.

Manuel Maside

Fotografía: David Novoa en » Vieillard»