Fai anos que non bailamos

Soa auga

Corre polas veas

Auga

E nada máis

Soamente

A vida

Lume no cerebro

(O cerebro sempre arde)

As mans tremen

A tebra

Faltan collóns

Para dicir o que se pensa

Sobra viño

E nada máis

Alporizados

Sinalados

Cortan linguas

Suamos

Baixo o sol de mediodía

Suamos Baixo a lúa bébeda

Bailamos o ska

Fai anos que non bailamos

Sobra vento

Falta Ar

Os corazóns en tebra

As olladas frías

Suar e suar

Nos límites da vida

Un suco

Polo que corre o sangue

Chove, mestúrase ca auga

Durmimos por séculos

Agora facémonos os durmidos

Asoballados

Polo gran ollo Iluminados

Pola lámpada brillante

Na esquina o lixo

Na man o noxo

Escurantismo

Dor nos pés

Soamente auga

Soamente auga

E silencio sepulcral

Manuel Maside Salgado

Fotografía: Xose Garrido.

Capítulo 49: País de contrabandistas

Imaxe principal: Caminho Privilegiado


Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 30-03-2018 (para escoitalo podcast preme aquí)

Faladoiro: País de contrabandistas, nos últimos tempos o contrabando en Galicia é un tema que está de moda, seires, filmes e libros abordan en profundidade na historia dos nosos paisanos nestre gremio ó marxe da legalidade. Neste faladoiro miramos máis alá do narco, na procucar do xérmolo deste lucrativo negocio, os tempos do «contrabando da barriga». O historiador ourensá David Sánchez faranos de guía polas historias de contrabando na raia ourensá en tempos da posguerra. Quen foi o primeiro contrabandista galego? Que relación hai entre os contrabandistas e o guerrilleiros antifranquistas? É o mesmo o estraperlo e o contrabando? Como funcionaba?

 

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2Fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!