Os Fartos

Fagamos unha ponte entre a dor e a esencia

no lustre do inverno entre o frío e o alento,

sexamos a dor do engano , o corpo e o feito,

o derradeiro lapso de tempo entre os teus ollos e o meus,

a primeira palabra en que pensamos cando albiscamos o ceo

na procura dun azul concreto , na procura en definitiva

dun feito real de presente e fagámolo espidos.

A vergoña e o noso único inimigo ,

fartos  estamos xa de camiñar entre ollos afeitados,

peles perfumadas e alentos artificiais.

 

Eu existo por vontade propia ,

eu son a cadea de ferro que me cobre o pescozo,

pero tamén o único que a pode afrouxar,

a cidade non existe cada vez que me falan os teus beizos ,

(non podes entender a miña necesidade de desaparecer,

non poder soportar a miña necesidade de desaparecer,

cando recordas a fraxilidade das túas mans na despedida)

máis eu no meu arrepiante xuízo  deséxome a morte,

pra arredar das miñas conviccións o puro ,

mísero e tentador arte de fabular.

Ogán Domínguez.

Capítulo 40: Galicia vista polos non galegos

Xa está aquí un novo podcast do Programa Orballo! Neste capítulo:

Programa Orballo do 18-01-2018

Faladoiro: Galicia vista polos non galegos. Neste faladoiro especial teremos unha mesa redonda con convidados de foráneas (tanto do resto da península coma de alén dos Pirineos) que nos contarán cales eran as impresións que tiñan das terras galaicas antes de vir e cales son as que teñen hoxe que residen con nós, son certas as crenza que hai sobre Galicia e as súas xentes?

tópicos principal
O Carrabouxo (Viñeta collida prestada ó gran Xosé Lois)

Lembrade que podedes seguilo programa tódolos venres ás 16h e 22h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!