«Unha pequena historia»

I premio de relato curto de Moreiras.

Co gallo do día das Letras Galegas que, coma xa saberedes, celébrase o vindeiro día 17 de maio no que a Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras (concello de Toén) realizará o seu primeiro concurso de relato curto.

Dende a revista Orballo animámosvos a participar nel, e desexamos que esta “vella aspiración” dos nosos amigos de Moreiras sexa o comezo dun certame de referencia da nosa cultura, xa que os intereses deste son os mesmos que os nosos, que dende Ourense floreza de novo o espírito da vella Atenas de Galicia.

David Sabucedo Cardero

Logo Asociación de Veciños de Moreiras


As bases do certame son as seguintes:

1. Poderán participar nesta primeira edición todas as persoas maiores de 18 anos que acheguen un relato curto propio, inédito, escrito en GALEGO e non presentado co mesmo ou outro título a ningún outro certame pendente de resolución.

2. A extensión máxima dos orixinais será de 3 folios DIN-A4 mecanografados a unha soa cara, interliñado dobre e cun tamaño mínimo de fonte de 12 puntos. Admitirase exclusivamente unha obra por participante.

3. Os traballos presentarase cun pseudónimo nun sobre pechado dentro do cal irá outro sobre que conterá dentro o nome e apelidos do autor así coma a súa dirección completa e número de teléfono . Tanto na portada dos traballos coma no exterior de sobreselos figurará: Premio relato curto “Unha pequena historia”. Moreiras 2016.

4. Os traballos remitiranse por correo certificado e por triplicado á seguinte dirección:

Casa da Cultura de Moreiras

Alcantre s/n.

Moreiras

32920 Toén (Ourense)

5. Para calquera aclaración, os interesados poderán dirixirse ao teléfono 678226242.

6. A presentación poderá realizarse ata o día 16 de maio, inclusive.

7. O fallo do concurso, que será inapelable, farase público o día 3 de setembro. Ese mesmo día darase a coñecer a composición do xurado.

8. Todos os participantes autorizan á Asociación de Veciños de Moreiras a utilización dos relatos citando ao autor dos mesmos.

9. Os premios que, están suxeitos a fiscalización española, serán os seguintes:

  • Primeiro premio: 600 euros.
  • Segundo premio: 300 euros.

10. A Asociación de Veciños non devolverá os orixinais non premiados.

11. Os concursantes polo feito de participar acepta as bases así como o fallo do xurado.

Estas bases atópanse na WEB.

Un comentario en “«Unha pequena historia»”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.