De Freud a Fraiz.

Imos ver: se o pobo democraticamente, en elección libre, directa e secreta, decidiu que o correcto é queimarte viva na praza, ¿quen es ti para cuestionar a decisión adoptada pola maioría…? si é que, encima de bruxa eres unha  antisistema.

 

Un sindicalista é como un físico teórico… os dous falan de cousas que ainda non se probaron na realidade.

 

Tes menos luces que a barca dun contrabandista, careces de dignidade e sentido do ridículo? Noraboa, temos unha saída profesional a túa medida. Envía a túa solicitude e convirtete en figurante profesional de mitins electorais.

 

O día que se lesione Albert Rivera ou Inés Arrimadas, Ciudadanos vai ter que tirar da canteira e sacar xente da Falange.

 

A  televisión é o único electrodoméstico enerxéticamente neutro… a enerxía que consume mentras estás a mirar para ela compensase pola que deixa de gastar o teu cerebro.

 

… e así, dentro da orde constitucional, respetando a lexislación vixente, garantindo os servicios mínimos impostos polo amo e facendo uso da non violencia; así foi como conseguiron a abolición da escravitude.

 

As librerías son desos poucos espacios que nos quedan para empaparnos de cultura e sabiduría, a través da delicada prosa dos autores máis eruditos da nosa época como Belén Esteban, Zapatero ou Ana Rosa Quintana.

 

Co seu talento natural e a puntería do avó Felipe Juán Froilán xa estaría como mínimo de segundo na liña de sucesión ó trono.

 

A presión da opinión pública, cansada de ver tantos casos de corrupción na tele, obrigou a Mariano a tomar medidas urxentes: a disputa da Eurocopa de fútbol adiantarase a finais de Maio.

 

Na escala da dignidade humana só hai un pequeno chanzo entre axitar un banderín da Panorama ó ritmo de versións de Paquirrín a axitar un banderín do PP ó ritmo de «Se noota, se sieente, Mariaano presideente».

 

As redes sociais foron un gran avance para a internacionalización das actividades profesionais do «tonto do pueblo».

 

Si escoitas falar ben de ti a todos os que te rodean, desconfía… probablemente estés dentro dun ataúde.

 

A antipatía é unha virtude que hai que traballar a diario. A nada que te descoidas xa estás finxindo interés polos problemas dos demáis.

 

Estamos a só  dúas reformas laborais de que as grandes multinacionais trasladen as suas fábricas de Bangladesh e Indonesia a España.

 

Respeto moito a todos os que ven Telecinco…  procuro tratalos como se fosen persoas normais.

Tomás Fraiz Velázquez

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.