Reconozcamos en la música la amante más constante en nuestro tiempo, que se desvía y desvaría cada día en función de su momento.
Juan Ignacio Pardo Súarez
As palabras expresadas enriba, que pertencen a unha canción que pretendía facer unha homenaxe á música, son o perfecto encabezamento para relatar a perspectiva adoptada polo noso entrevistado, o cal se soubo mover perfectamente polas diversas ponlas desa árbore que representa a música. No barrio da Carballeira, en Ourense, no baixo dunha casa, creou pouco a pouco, ao longo de varios anos, un espazo entrañable e acolledor, no cal realizamos a entrevista, xa que non hai nada cómo intentar percibir o que artista nos quere relatar, dentro do espectacular marco que ofrece o seu lugar de traballo.

O nome que recibe o estudo de gravación no que nos atopamos esa tarde apacible, na cal catro persoas das que compomos este proxecto cultural mantivemos unha charla bastante coloquial con David Quintas, é o de Xílgaro estudios, que se atopa precisamente na rúa do Xílgaro, e que se atopa rodeado de vasta vexetación, ao cal se pode acceder a través dun camiño un tanto estreito, se o que se pretende é circular por el con coches. Ese tipo de acceso, tamén lle confire algo máxico ao lugar, ao igual que a finca que se atopa na parte traseira da casa.
Ao pouco de comezar a entrevista, achegáronse por alí unha serie de músicos, que non eran outros que os Guezos. A actividade neste espazo é frenética, e dende logo cando pululan certas personalidades por alí, a atmósfera transfórmase dunha maneira especial. O son das melodías que ensaiaban, non ofuscaban para nada as verbas de David, senon que parecían querer reafirmar o que nos intentaba transmitir: “estamos interferidos,” comentou en máis dunha ocasión, coma se fose unha idea de valores que se foron perdendo na sociedade actual, e falounos das ansias que existían antano nas xentes por reunirse para tocar, escoitar discos enteiros para adquirir a panorámica conceptual que agochaban… A idea que transmitía, en definitiva, era que había una algo da esencia que rodeou a música de sempre, que se estaba a perder en función dos avances tecnolóxicos, e desaparecía ese vínculo comunicativo que en tempos pretéritos era moito máis intenso.

No eido da producción comentounos que estaba a traballar cunha rapaza á que lle veía moitas posibilidades, que tan só conta con dezaoito anos, e que resulta ser unha persoa que domina o terreo no que se move, cun gran rexistro, xa que cómo el mesmo nos contaba, xunta “talento, personalidade, idea de música e coñece a xente coma Billie Holiday.” Afirmou que incluso había un par de discográficas detrás dela, unha radicada en Vigo e outra en Barcelona, cousa digna de admirar nos tempos que corren.

Tamén mantivemos un debate interesante sobre cómo avanzaba a idea musical hoxe, e derroteiros podería seguir o camiño do éxito, ou máis ben, aínda que podería ir ligado, do innovador. No seu estudo hai traballados registrados neste eido, que poden estar representados por grupos cómo Avecrem, que son simplemente un guitarra e un batería, e dos cales nos ensinou un vinilo que tiña alí gardado do que alí fora grabado. Púxonos algo deles, e son certamente resultaba bastante particular, mais non ao nivel das letras, que dende logo é o que semellaban darlle ese punto peculiar, pois eran de signo humorísto. Falounos tamén de Uppercut, unha banda que grabou dunha maneira un tanto arriscada, xa que todo o que alí deixaron rexistrado, foi tocado en directo todos xuntos. A mistura de son tiña a particularidade, aparte, de que non era un todo homoxéneo, senon que podías intuír a colocación do grupo coma se estivese tocando nun escenario.
A conversa seguiuse desenrolando dunha forma arbitraria, na cal se tocaron, nunca mellor dito, anécdotas acontecidas no lugar, de horas e horas para grabar moitas cousas e a moitos grupos que pasaron por alí, de moitas risas botadas, de improvisación de partes de temas, de colaboracións especiais entre músicos acontecidas case por casualidade, e sobre a necesidade de que os grupos sexan conscientes de que para poder grabar, e tocar cómo, só hai unha receita posible. Estudar, ensaiar e tocar, tocar e tocar.

Cómo usuario do espazo, tanto na vertente de estudo cómo da finca (básicamente un desbroce, a verdade), teño que dicir que quedei encantado con poder vivir a experiencia de pasar horas nun lugar que foi creado coa intención de lograr unha certa conexión entre músicos e, en definitiva, entre seres humanos que comparten esa idea de que as ideas, son para compartir, xa que por moi bos músicos que nos creamos, sempre vamos poder aprender algo dos outros. Esta idea, podería ser culminada,con parte da letra da canción que tamén encabezou este texto, e que contaba aquilo de: esta canción es un grito de mi reconciliación con mi etapa de conjuntos, tiempo de preparación, para tocar la guitarra y poder comunicar con tanta gente gemela en la forma de pensar.
David Conde Seoane
