XXI MITEU, fin do primeiro acto

El teatro es poesía que se sale del libro para hacerse humana.

Federico García Lorca

Xa se celebraron 10 días da XXI edición do MITEU e non decepcionan, dende espectáculos de danza a obras de teatro, tanto clásicas coma contemporáneas, a edición demostra o seu alto nivel.

_MG_0089
Entrada Auditorio (Ourense).                                          Fotografía: Verónica González

Esta fin de semana pasado tivemos a ocasión de presenzar dúas obras: Adiós Re, que tivo lugar o sábado na sala azul do Auditorio de Ourense e O público. Baixo a area, que se celebraría o domingo na sala principal do mesmo auditorio.

_MG_0001
Adiós Re.                                                                                                     Fotografía: Lucía Camba
_MG_0117
O público. Baixo a area.                                                               Fotografía: Verónica González

A primeira obra estaría a cargo do grupo Banda Kurenai,  e sería unha homenaxe á coñecida película “On the road”, e en especial ao seu protagonista Neal Cassady, interpretado por un Carlo Strazza que non nos deixaría quedar quedos nos asentos; cos seus movementos rápidos durante toda a representación (que non foi moi longa) este actor faríanos ver todo o sentimento do protagonista, e a súa inquedanza tanto física, que podemos apreciar nas súas idas e voltas ao redor do escenario, coma mental, ao ser un personaxe en certo modo idealista, con moitas ganas de aprender das xentes e dos libros, e cunha enerxía que nos transportará ao redor dos Estados unidos a través dun escenario con unha escada, uns libros que tiraría unha e outra vez e pouco máis. Os curtos monólogos estaban en italiano, pero cando un actor é capaz de transmitir tanto con tan pouco, as palabras sobran, igual que sobran os entendedores que escoitamos.

A segunda obra que tivemos a ocasión de ver foi a desempeñada pola Compañía de Teatro USC-LUGO, nesta volta cunha obra dun grande do teatro español como puido ser Federico García Lorca. O comezo pensabamos que quedariamos fóra, como algunha xente que estaba esperando coma nós na porta do salón do auditorio, pero pronto unha actriz nos convidou a apagar os nosos teléfonos, apartar os abrigos, e ir subindo pouco a pouco ao escenario, onde todo estaría preparado. Subindo unhas escadas entrariamos por algunha das esquinas onde se permitía o paso, con portas abertas e sen posibilidade de ser pechadas, símbolo do achegamento que nos ofrecía o grupo e da súa apertura ao público. Comezaría a obra cunha serie de coreografías por parte dos actores que daría paso a conseguir que pouco a pouco a xente se metera na obra, debido a súa cercanía e ao traballo ben realizado polos actores e actrices, que se notaba traballado. Así, fomos avanzando no tempo para ver amores e desamores, torturas e mortes que nos fixeron ver unha obra que non destacou pola liña argumental marcada que nos poden ofrecer outras, pero que nos permitiu observar a calidade da xente que traballaba na función, e que fixo dese traballo un gozo para o espectador.

Na saída tivemos ocasión de falar con Fernando Dacosta para preguntarlle polo avance da mostra e mostrou a súa felicidade engadindo que “hai moito nivel, podemos observar unha gran variedade de grupos, con propostas tanto clásicas coma pode ser a representación do Quixote, coma máis contemporáneas coma Adiós Re, ademais de verse unha gran resposta do público, que segue na mesma liña de asistencia que nas anteriores edicións”.

Xa pasamos un tempo de MITEU, pero debemos dar unha chamada a calma xa que todavía queda unha semana, os pratos son moi bos, sigámonos enchendo.

Daniel Luís Otero

Adiós re.

Fotografía: Lucía Camba

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O público. Baixo a area.

Fotografía: Verónica González

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.