Fernando Dacosta. O mundo distópico.

A man dereita á dereita do corpo,
a man esquerda á esquerda.
En plenas facultades,
teño a cabeza no centro do mundo
e voulle cambiando os argumentos
ós meus soños escasos e prudentes.

Lois Pereiro

 

_MG_9526
Fotografía: Lucía Camba

Durante a semana da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, atopamos un oco para manter unha conversa con Fernando Dacosta, director da MITEU e na que participa  dende as súas primeiras edicións. Fernando sempre foi un home implicado coa cultura, de feito comeza a súa andaina particular a os dezaseis anos en Sarabela para pasar dous anos despóis a dirixir o Grupo Universitario de Santiago de Compostela. O licenciado en Filoloxía Hispánica integrouse como actor en obras tan recoñecidas e transcendentes coma “Macbeth”, obra literaria teatral de William Shakespare segundo a dirección de Helena Pimienta. Tamén participa na famosa adaptadción do clásico da literatura galega “O Lapis do Carpinteiro” escrito por Manuel Rivas, representación que levaría o premio María Casares de espectáculo no ano 2001 ou “Tótem” nunha versión adaptada de “El señor de las moscas” entre outras.

_MG_9536
Fotografía: Lucía Camba

Como director Dacosta afronta unha revisión e adaptación de ensaios  tan relevantes coma Hamlet, Bodas de Sangre ou  Frankenstein, máis explica que unha das súas obsesións é o chamado “Futurismo Distópico”, en canto a definición deste termo compre asignar o seu antónimo; utopía, descrito por Tomás Moro que se explica coma o desexo da creación dunha sociedade ideal e que máis tarde desenrolaría Robert Owen acompañando o termo da palabra socialismo. Pola contra, na mencionada distopía  atribúense matices negativos xa que se refire a unha sociedade indesexada , que perde a humanidade, robotizada, acrítica e maleable por parte de quen ostenta o poder.

“Vivimos nunha distopía”, afirma Dacosta, nun mundo no que  non se impón o pensamento civilizado dunha tradición milenaria se non que  triunfa a egolatría que diferencia de maneira errada entre bos e malos cando analizamos a historia, velaí a confusión, o desastre, a mala interpretación do home, dunha forma subxetiva, alineada. En relación coa explicación do que é bo ou malo, Fernando atopa un exemplo nunha das novelas que pertencen a este chamado futurismo distópico levada ao cine por Kubrick, a famosa “Clockwork Orange” escrita por Anthony Burgess; Dacosta sinala que o máis interesante do filme foi o cambio de visión do protagonista por parte do espectador.Como Álex pasa de ser un perigo común para logo converterse en víctima do mesmo, velaí a dificultade de discernir entre o ben ou o mal ou de aportar unha visión particular, que seguramente será interferida por outros aspectos innatos no sistema que contribúen a esta polarización.

Nesta liña temática Dacosta adapta as novelas «Un Mundo Feliz» de Aldous Huxley,  a inquedante  novela de Orwell “1984”, “Fahrenheit 451” de Ray Bradbury (A dictadura da imaxe)  ou o “ Pais das últimas cousas” de Paul Auster. Fernando aplica polo tanto unha vertente de temática marcadamente social que nace co teatro de resistencia dos anos 70 o cal pretende mudar o establecido e crear novos mundos. Promove a inquietude do espectador que está a ver a obra , unha teatralización que para o autor debe camiñar sobre o fío da navalla, por un lado da realidade, é dicir; o espectador é consciente de que o que está a ver forma parte da ficción, e polo outro, o  mundo imaxinario que leva ao receptor a abrir o camiño dos sentidos e a ser un voyeur consecuente e aberto a mensaxe que a trama nos envía. O director xoga con estas dúas variantes, a realidade e a ficción o que lle leva a reflexionar sobre cal é o papel do público na obra e a reivindicar un novo pantexamento de teatro no que sexa o director quen coloque ao público según os seus intereses, nunha nova concepción de performance que se move por todo o espacio  onde se desenrola a trama.

_MG_9601
Fotografía: Lucía Camba

Falando sobre o mundo actual coñecemos a un Dacosta rebelde, a un humanista contestartario que mudou  o seu pensamento co paso do tempo, ou máis ben  o evolucionou. Sopréndenos cunha reflexión de impecable plantexamento e que describe moi ben e acompañado coa  súa mirada e o seu xesto sinceiro, Fernado explica: “A fin do mundo está apenas a uns quilómetros de aquí, a dúas ou tres horas en avión” para logo engadir “Dificilmente podemos chegar a ser felices se a xente está morrendo ao noso lado”, plantéxome eu polo tanto se todo iso está pegado ao noso subconsciente, se todos os sensíbeis están condeados a  levar un peso no corazón máis grande que aqueles que  son alleos a semellante realidade e desa mesma maneira se hai vencedores e vencidos ou cantos estamos dispostos a ter moito menos, cantos queremos transformar o mundo que habitamos dende os pequenos actos que compoñen a nosa personalidade. Tarefas imposibles que se transmiten de boca en boca como afirma Benedetti e así tamén o describe Dacosta que flúe na sinxeleza do verso en eterna convicción de cambio, de austeridade acompañada de entusiasmo que transmite o teatro, entusiasmo creador que forma parte da sociedade aínda que corran malos tempos para a lírica.

En relación a súa visión do teatro podemos obter que unha obra de teatro conságrase na plegaria do efímero, dun producto que se se convirte en po e que o leva o vento, o vento nos levará canta Noir Desir, e nós formaremos parte desas partículas evocadoras da fin co paso do tempo, da morte en definitiva. Na película “Smoke” cuxo guión escribiu o mesmo Paul Auster, un dependente de tabacaría e íntimo amigo do escritor protagonista, todas as mañás realiza a mesma fotografía na mesma esquina da rúa e a mesma hora, ese intre queda gravado e a imaxe fotográfica é composta de todas as persoas que nese preciso instante pasan por diante da tenda. Nas fotos percíbese como van mudando os persoaxes ou como se cruzan as súas vidas. Auggie Wren (o dependente) móstralle esa liña fotográfica ao escritor Paul Benjamin onde lle ensina a progresión de imaxes na que nun determinado día apreciase unha moza, Ellen, a persoa a quen tanto amou Paul.  Ellen aparece nas fotografías nese preciso instante no que Wren pulsa o botón para que a imaxe quede detida para a posteridade na  Obra da súa vida. Unha mañá Ellen deixa de aparecer e xa nunca o voltará a facer.  O teatro é coma Ellen, a obra móntase, escenifícase e deixa de existir, pero a mensaxe, como defende Dacosta, queda detida no corpo do espectador, el é o encargado de enviala e transmitila ao resto dos mortais. O espectador representa a catarse da obra, a escenificación do significado na súa vida, nos seus actos e nas súas consecuencias.

Se algo aprendín de Fernando e que nunca nada desaparece por completo.

Pablo Gómez Portas

_MG_9644

_MG_9634
Pablo e Fernando.         Fotografía: Lucía Camba

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.