OS MERLOS DO SEÑOR ABADE

 

Esta é unha desas historias que poderiamos catalogar coma literatura popular, un deses contos que tiñan coma protagonistas a xastres audaces, escribáns aproveitados ou labregos aventureiros, mais xuráronme que este foi un feito real coma ti e coma min.

Estaba certa tarde de finais do verán na taberna da aldea tentando matalo aburrimento cando uns dos parroquianos, que coma cada tarde acudía alí de vaseadas (ir de viños), empezou a contar cun voz pausada unha historia que lle ocorrera ó vello párroco do pobo, “que Deus teña na súa Gloria”:

Un día, xa pola tardiña, ía o cura á igrexa cando no patín da torre do campanario viu sentado ao Monoliño. Manoliño, duns trece anos, era un rapaz do que se dicía que non era ben, bueno, non é que fora parvo, pero ben ben non era.

-Boas tardes Manoliño! Que fas ti aquí tan tarde?-preguntou o cura ante a inesperada presenza do rapaz no templo.

-Boas tardes teña vostede señor abade! Ando á espera duns merlos ,que sei que aniñan na igrexa, para ver onde teñen o niño e así  ir collelo pola noite -respondeulle o mozo.

-Así que hai por aquí un niñada de merlos, pois sorte ca caza!- o crego entrou no templo, e cando o pícaro marchou foi na procura do niño, tras un tempo de busca atopouno e colleuno.

O cabo dun día o párroco volveu á igrexa á noitiña e viu ao Monoliño no mesmo lugar fumando un cigarro.

-E logo fumas Manoliño?-preguntou todo sorprendido.

-Si señor, e fodo tamén!-respondeu o rapaz.

O crego botou unha gargallada ante a resposta do rapaz e seguiu co interrogatorio:

-E logo con quen?- preguntou, ao que o rapaz respondeu:

-Ai señor abade, este non lle é o conto dos merlos!

os-merlos-do-senor-cura
Ilustración de Andy Hermida.

Moraleja: “A pícaro, pícaro e medio”.

David Sabucedo Cardero

Ilustración: Andy Hermida

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s