Prometeo dirixídose aos deuses:
«Non existiríades se non fosen tolos cheos de esperanza os nenos e os mendigos»
Goethe.
A inmortalidade é un concepto que hoxe ten o seu lugar no presente xa que o narcisismo plausible ocupa as páxinas das redes sociais e satura as de casos particulares de diversa índole os contidos dos medios de comunicación aportando unha ansiedade mediatizada en imaxes que constrúen unha relación social. Concepto aportado por Debord en La sociedad del espectáculo e onde o autor vólvese visionario da dimensión tecnolóxica que camiña a par da conducta humana na metade do século XX. Neste contexto tecnolóxico o individuo perde a súa esencia e convértese en personaxe físico “ born to kill” na contenda cibernética. A inmortalidade atópase en cada foto que subimos e na aceptación que a mesma ten , así coma no resultado que estas infunden sobre a nosa personalidade acadando dous conceptos que irán unidos; o “elo” e o “super-eu” na pantalla e o “eu” real que actúa sobre a mesma modificando o noso perfil. Para comprender o concepto de Inmortalidade debemos diferenciar esta palabra do concepto de eternidade, dous valores diverxentes en forma e fondo en canto a análise cara a nosa predisposición a cada un dos axentes. A inmortalidade defínese na búsqueda da fama tanto a niveis mundiais coma mundanos mentres que a eternidade acada a súa condición de axente especial en canto a desaparición temporal dun suxeito que vive no seu presente e que polo tanto se funde no ocaso paralizando a compoñente temporal e converténdoa en atemporal de forma inequívoca, e así se converteu Rimbaud, o poeta francés en partícula que afronta a súa mortalidade, espíndose ante o solpor , ante a terra, e formando parte da súa constante xiratoria.
¡La hemos vuelto a hallar!
¿Qué?, la Eternidad.
Es la mar mezclada
con el sol.
(A.R)

Na Inmortalidade revisada por Kundera o individuo chega a ser a víctima da súa propia búsqueda de fama inmortal e a compara coa fama na que se revolve nun círculo vicioso. Máis existe unha fama trascendente e secular que lle otorga ó individuo unha reputación histórica. O xesto de Napoleón tocando a súa costela esquerda coa man dereita é xa unha pose inmortal. Nun primeiro momento o emperador francés realiza ese xesto de forma involuntaria, debido a dores estomacais, máis logo adopta esa posición de forma máis meditada e en presencia dos seus retratistas persoais .Esa postura simbólica a segue mantendo Napoleón nun encontro co Dramaturgo Alemán Johann Wolfgang Von Goethe . Un encontro entre dous persoaxes de fama histórica, os cales manteñen unha conversa que se carga de toda esta enerxía case divina. Os persoaxes de dita reunión forman dous polos de entendemento da inmortalidade; por unha banda Napoleón que é segun Kundera o máis inmortal dos dous ; o dramaturgo da escena levada a práctica real , o estadista que move as fichas do taboleiro para o beneficio persoal, e nun segundo plano , para os beneficios dunha nación; un déspota ao que se lle otorga a fama de estadista de alento faustiano “ De aquel que leu todos os libros” a “Aquel que combatiu en todas as batallas” . Por outra banda atopámonos coa presenza do poeta Alemán mais recoñecido , e polo tanto tamén inmortal, máis el é o inmortal teórico , o literato consciente da trascendencia das súas obras, un home preciso que recoñece a existencia da inmortalidade e que se desenrola sempre cunha actitude de prudencia , unha virtude que Goethe ten moi arraigada na súa percepción humana da realidade.
Napoleón, no citado encontro, recibe a Goethe mentres almorza, a pesar de sentir gran admiración por el, e en especial pola obra Wherter , este decide manter as distancias mentres se mostra moi atarefado falando cos homes uniformados que o rodean, un deses homes indícalle a presencia de Goethe. Napoleón entusiasmado afirma berrando: “Velaquí un home!”. Esta afirmación aseméllase a búsqueda da humanidade por parte de Diógenes o Sabio quen tamén pretendía buscar un ente inmortal máis se atopou co figura de Carlo Magno nun dos capítulos máis cómicos e esenciais da historia da filosofía. Na propia conversa Napoleón plantéxalle unha cuestión do máis irreverente e asociada ao libro xa citado “ As desventuras do xoven Werter” ,a pregunta é a seguinte: “E contrario a natureza?”(“Nega polo tanto como afirma Robiesperre que a morte e o principio da inmortalidade?” S.) Napoleón refírese ao episodio no que Carlota envíalle a Werter a pistola coa que se suicida. Kundera en voz de Goethe responde esta pregunta cunha pequena frase afirmando: “Non son digno do meu sufrimento” e elo derivao a reflexión de que de todos os sentimentos, o sufrimento é o que merece maior respecto para logo engadir “ Ata certo momento a morte é algo demasiado lonxano para que nos ocupemos dela .. Máis logo comezamos a ver a nosa morte ante os ollos e xa non podemos librarnos de pensar nela. Está con nós…podemos dicir que tamén está con nós a inmortalidade”(MK.)
Pablo Gómez Portas