DE FREUZ A FRAIZ III, O REGRESO.

  •  E ti, Irene Rosales, aceptas a Kiko Rivera DJ como lexítimo esposo? Prometes serlle fiel na riqueza e na pobreza , na prosperidade e na adversidade,  amalo e respectalo ata que a morte vos separe? Razoa a túa resposta.
  • Recentes estudios científicos demostran que o uso abusivo e compulsivo do teu smartphone non ten relación coa  túa reducida capacidade mental. Probablemente xa eras imbécil  moito antes de comprar o teu  primeiro teléfono.

15301293_1255734314519353_1289330740_n

 

  • Por sorte,  cada dous por tres,  Gadis recórdame que debo  «vivir como galego» , non vaia ser que me esqueza de plantarlle lume o monte,  de votar ó PP ou  de dar herbicida na finca do veciño.
  • Existe un poderoso vínculo que mantén unidos a fillos e netos cos avós, por moi grande que sexa a distancia que os separe…  chámase pensión.
  • Para saber a que lado estás da difusa fronteira que separa a beleza da fealdade, chega con que fagas memoria e recordes si  o acosador aparece nos teus pesadelos ou nos teus soños.

Tomás Fraiz Velázquez

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.