«Plántale Cara» no Teatro Principal de Ourense

Unha vez máis, e xa son dúas en tres meses, organizouse en Ourense unha gala contra o cancro. O marco escollido nesta ocasión foi o Teatro Principal, baixo o nome de «Plántale Cara». Un evento no que se deron cita un número elevado de persoas, conseguindo colocarse todas as localidades, polo que se pode dicir que novamente a xente acudiu en masa ó chamamento da asociación, coa idea de crear un bo peto que axude a financiar todo o que signifique anticancro.

Sobre o escenario desplegouse o potencial de dúas personalidades que combinaron as facetas nas que mellor se desenrolan. Por un lado tivemos a Silvia Alonso, vocalista recoñecida xa a un nivel importante e que segue a medrar na súa traxectoria profesional; por outra banda, o sempre afable e expresivo actor Fernando Gabelo, cun longo camiño percorrido xa no seu haber.

Non podemos esquecer, non obstante, que ambos estiveron moi ben respaldados polo conxunto jazzístico Alfonso Medela Trío, integrado por Loren Tabarés ó contrabaixo, Leo Pimentel á batería e o propio Alfonso Medela ó piano, e que a pesares de figurar coma nun segundo plano no cartel, foron alma máter do que alí se puido contemplar. Sen a súa aportación o espectáculo non sería tan vivo, seguramente.

lectura-do-poema
Fernando Gabelo

O entretemento durou aproximadamente hora e media. A posta en escea tivo un sesgo de orixinalidade, pois entre Silvia e Fernando ían combinando os seus papeis, dinamizando o ánimo dos espectadores. Comezábase cunha lectura dun poema por parte de Gabelo, acompañado de piano, para ó rematar á lectura do mesmo comezar Silvia cunha canción respaldada, ó igual que ó longo de toda a velada, do trío.

imaxe-principal
Silvia Alonso e Alfonso Medelo

Foi sen dúbida, coma sempre, un espectáculo emotivo, de ritmo frenético por momentos e con exhibición de destreza musical e poética. Un acto reivindicativo, no que ata a propia Silvia Alonso animou ás xentes a que ergueran os seus brazos en sinal de loita, mentres entonaba como tema final unha versión do “a natural woman,” de Aretha Franklin. A proseguir logo nesa senda.

Autor: David Conde Seoane

Fotografía: Cris Armadanzas

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.