Pola mañá na hora do desastre cando os meus pés conxélanse na baldosa de cuarzo, feldespato e mica diríxome o servicio e o espello tórnase cóncavo e disfraza a miña pel , nese intre a pulsación miúda no meu peito empúxame a desafiar ó deseño efémero das baldosas e o vao que contrasta co frío empana o cuarto interferindo na composición líquida da auga. Íspome coa inquedanza interior do frío e da mudanza da pel e a sensibilidade erecta os meus pelos sen necesidade de sentir empatía cara o próximo. Desempanei o espello para solo ver os meus ollos e logo os meus beizos e logo a nada a desaparición do eu salvaxe calado pola auga quente..
Inspírame así Pablo Und Destruktion que nos fala da mal canalizada educación emocional dos cidadáns que xa perderon o valor de ser homes e que xa non teñen nada que defender máis que a súa propia vergonza de ser exposta “La violencia existe desde que al hombre le ha tocado defender un territorio” afirma Pablo García o cal relaciona esta vertente no seu imaxinario anarquista coas nacións con estado e con historia democrática, civilizacións pasto dos sucesos e da regresión humán a par da impunidade tecnolóxica.
Pablo, que presenta unha línea estética característica da Europa oriental e interpreta a violencia coma un desorden cognitivo mundial, afirma que a violencia e coma o lume ; nunca vai a desaparecer , os rituais da morte e a raiba necesaria atópanse obsoletos na nosa era , coma un esquezo de pertenza a unha comunidade que pide auxilio cando se agota o discurso de clase e buscamos ó inimigo onde a razón non aplica as súas regras. Pablo é un anarquista amigo do ancestral , do que os poetas malditos gardaban baixo os seus versos envelenados pola absenta. Unha prosa de liberación e esquezo da fala, como na canción que leva o título de Powder: “Me he rapado la cabeza y afeitado la cara, tengo el aspecto de Powder pura energía , solo salgo por las noches y hago vela en las cuadras, sobre mi piel resbala el agua helada..” Canción que declama na súa vertente conceptual a exposición e a predisposición ó salvaxismo , canción para min esencial para comprender a figura de vangarda ancestral de Pablo Und Destruktion , o cal fala das súas cancións coma un acto público de catarse colectiva para aquel que comprenda a lectura das súas letras, do seu concepto e do arte innato da reflexión da realidade actual coma suxeito que defende as costumes cun desexo de expansión e internacionalismo como punta de lanza.
Na súa posta en escea que re dirixe o asturiano , aporta a saúde animal e a furia necesaria como afirmaría o Lois ; un canto ao salvaxismo e a anterga natureza humán que nos transporta como na canción Limonov, desde Asturias al infierno á antiga unión soviética e a súa forma de ver o mundo baixo a máscara do derradeiro soslaio de furia e onde o autor xa se transforma en poeta por uns segundos e camiña sobre o fío da navalla o galope de Zeus convertido en touro branco no rapto de Europa sobre as dúas Europas; a do oeste e a do leste:
En breve pretendo volar a Moscú
Y hablar con Limónov de sus planes de gobierno
Donde vivo yo hay odio y hay grisú
Podría excavar un túnel desde Asturias al infierno
En breve pretendo volar a Moscú
Y llorar a moco tendido encima de la momia de Lenin
La vida moderna es como una cruz
A nadie le importa,
ríen como disidentes…
Pablo Und Destruktion non titubea en aportarnos a realidade que rodea o seu mundo, o karate e a música o elevan a unha percepción pausada da vida onde estes dous elementos aparecen como mediciña contra os impulsos que o converterían no seu verdadeiro alter-ego: Pablo und Destruktion , de ahí o seu nome artístico, de ahí e das lecturas de Bakunin , de Kropotkin , de Carrer , da inspiración e condescendencia de Tomas Berhard que compón a poesía para os sentidos , descifrando a súa compoñente violenta en voz do fracaso que é a vergoña europea por excelencia logo de tantos triunfos, primeiro; do home sobre o home ,logo; do home sobre a maquina e por último do home sobre a máquina esquecéndose do home: De tanto galopar, de tanto galopar, ya no conozco a nadie, ya no se lo que es mío, o de mis animales…
Autor: Pablo Gómez Portas
Fotografía : Cris Armadanzas