A sintonía clubbing busca a súa frecuencia en Ourense

Joel Cortizo preséntanos unha retrospectiva do proxecto musical no que colabora: Dial, un evento de música electrónica que revela o potencial desta industria musical en Galicia

28 de Xaneiro de 2017

19.30 da tarde (noite), casco histórico de Ourense, epicentro do último reducto xuvenil por excelencia na cidade co maior índice de envellecemento a nivel nacional. Nunha praza reconquistada na parte menos nobre da zona vella atopamos o local El pueblo Café Cultural, un espazo con vocación evanxelizadora que loita xunto con outros negocios, asociacións e colectivos por manter viva a oferta cultural da cidade, acollendo a celebración de concertos, exposicións, presentacións, mercadillos… e en xeral calqueira proposta que se lle plantexe. Atopamos un mercadillo con productos de Basquiart (parches, camisetas e accesorios retro de personaxes míticos da década dos 90), vinilos de Dial e tamén de Vinihilist, nome artístico de Santiago Covela, fotógrafo invitado á xornada que proxecta a súa serie Concrete Landscapes e co que falamos ao final do artigo. Mentres a xente revule entre os artigos do mercadillo, Joel comeza unha presentación que fai retrospectiva sobre os inicios de Dial.

_mg_6634
Mercadillo de Basquiart en El Pueblo

“Antes podíamos ofrecer una oferta semanal para amantes del clubbing en Monkey Club pero la fricción entre los vecinos y el ambiente festivo terminaron por asfixiar el local y precipitar su cierre». Explícanos Joel Cortizo, un dos precursores, como unha opción permanente na oferta musical da cidade (entre outras alternativas á música comercial ou ao reggaetton) tivo que rematar en aras da tranquilidade, máis o espírito non perece e aínda que xa non queda ningún lugar exclusivo onde escoitar música electrónica tralo peche de Monkey Club, este estilo resístese a desaparecer do perfil melómano da cidade. Producto da rebeldía trala clausura do local por unha banda, e o amor polo mundo da música club en xeral, e da electrónica en particular polo outro, naceu Dial, un proxecto con menos periodicidade no calendario ourensán pero pode que con máis proxección exterior (nacional e internacional).

Explica Joel que “Ourense es una ciudad pequeña pero reclama su espacio para el clubbing. No está relegado solo a las grandes ciudades como Madrid o Barcelona ya que muchas veces los propios Djs prefieren actuar o hacer sus shows en ciudades y salas más pequeñas, pero con un público más entregado. La gente de fuera se sorprende del ambiente de la ciudad y la calidad y variedad de la oferta musical”.

_mg_6626
Presentación de Dial

Pero non só de música aliméntase a alma ourensá, por iso a ambición de Dial é maior e busca tamén un nexo con outras artes plásticas, coma o deseño gráfico e o arte urbano (graffiti) como potenciadores e apoio do que pode ser a marca Dial, cun estilo estético e identidade propios. Poderíamos definir Dial simplemente coma un grupo de promotores e amantes do clubbing que baixo este nome organizan as festas de música electrónica máis sonadas da cidade, pero a testarudez deste colectivo vai máis alá, e acada un obxectivo movilizador.

“El ámbito musical y el plástico, como buenas artes, se entienden y funcionan mejor juntos.” Sentencia Joel, que reclama o apoio do Concello non só para dar cabida aos eventos musicais, senón tamén para poder realizar todo tipo de eventos que axuden a novos artistas e emprendedores.

_mg_6629
«A arte musical e a plástica enténdense e funcionan mellor xuntos»

Trala presentación de Dial, falamos con Santiago Covela, que proxecta a súa serie de fotografías Concrete Landscapes.

  • R: A túa exposición presenta unha serie de fotografías tomadas ao longo de 6 anos, certo?
  • C: Si, son fotos separadas no tempo pero que teñen un encaixe entre si como conxunto.
  • R: Os elementos nos que centras as túas composicións son moi diversos, definirías as túas fotografías como aleatorias e sinxelas ou crees que transmiten algo máis complexo?
  • C: Normalmente busco a simplicidade pero intento captala a través de elementos que me chaman atención dentro da nosa continuidade; as fotos son aleatorias pero centradas nun elemento que me transmite algo distinto. Pero o certo é que non me gustan as composicións abigarradas, por iso prefiro unha foto máis limpa, homoxénea.
  • R: Traballas para unha conocida marca internacional de roupa tamén como fotógrafo. Hai algunha influenza ou similitude entre o teu traballo como parte dunha organización e coma artista?
  • C: O meu traballo no mundo da moda é máis mecánico pero dame a oportunidade de poder traballar para min mesmo aínda que son dous mundos completamente diferentes, non teñen nada que ver entre sí.

Como vedes non faltan nin os artistas nin as persoas interesadas en espertar do letargo á cidade e revitalizar un potencial non só turístico senón tamén un futuro no mundo das industrias culturais e creativas, así que revisade as axendas da cidade porque Ourense ofrece moito máis que licor e termas. Polo de agora, a próxima Dial celébrarase no entroido coa participación de Phran, do sello de Luca Lozano. A bailar!

Autor: Roberto Nespereira Pereira

Fotografía: Cris Armadanzas

Compoñentes Dial:

You_el     Psychodandy     El Carrington     Mou     Bruno VHS     David CR     Milia

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.