Vin aos cantís en caída libre
Vin aos anxos de xeonllos
Vian ao piano saloucando
A aqueles homes en silenciosa procesión.
Pero non me importou
Eu so quería o teu corpo
Queixáronse diante de min de gobernos
Homes ceibes
De xenerais
Do mesmo deus
Pero non me importou
Eu so quería os teus beizos
Fomos mártires da noite
Xogamos a xogos prohibidos
Seccionámonos as veas
A alma
Déume igual
Non estabas ao meu carón
Pero agora chegan os soños
Onde habitas perennes
E castígame, todo me castiga
Porque aí, onde non é real
Aí estás ti
Coma unha figura maldita.
Autor: Manuel Maside
Fotografía : Carlota Mosquera.