Problemas e contradicións da educación nos novos medios, nas novas formas de familia e na sociedade capitalista
A Asoc. para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA) organizaou o pasado 11 de febreiro un curso sobre adolescencia, crianza e virtualidade que imparte Natalia Fernández. Asistimos para escoitar sobre identidade e crecemento e sobre como os pais con fillos en idade adolescente teñen que lidiar con un medio (Internet) que eles mesmos non comprenden en moitos casos, e que xa se sitúa en todas as enquisas como a 2ª preocupación dos pais por detrás das drogas.
A miña compañeira (reporteira gráfica) e máis eu, chegamos ao local que ASEIA mantén con moito esforzo dende hai cinco anos ao carón do Auditorio Municipal; conversamos con Ricardo Fandiño, un dos fundadores e propulsores da asociación, que traballa xunto con outros compañeiros en diversos programas con nenos e adolescentes. Ao longo desta xornada, moitas dúbidas asaltan a miña cabeza, viña para cubrir unha reportaxe sobre identidade virtual e adolescencia, e termino replantexando a miña propia identidade.

“Actualmente la estadística revela que casi el 50% de parejas casadas se separan teniendo hijos, por lo que hemos pasado de un modelo de familia tradicional con dos figuras de referencia al doble, debido a que los progenitores separados rehacen sentimentalmente su vida con otra pareja por norma general.”
No descanso do curso “Identidade real vs Identidade Virtual. Onde está o ser? Como comprender o mundo virtual dos adolescentes.” tomamos un café con Ricardo, un dos propulsores da asociación e de programas como ALENTO, que traballa con adolescentes en risco de exclusión social. Coméntanos que ASEIA comenzou a súa actividade en 2012 cando un grupo de profesionais de distintas disciplinas (psicoloxía, traballo e educación social, etc.) que traballaban sobre todo con nenos e adolescentes, detectaron unha carenza xeralizada, confusión e desactualización respecto ao contexto no que vivimos a hora de traballar con este rango de idade e como pasamos de forma moi rápida dun modelo de familia fixo (pai, nai e fillo/s), ao modelo actual denominado “familias posibles” (familias monoparentais, divorciados, pais homosexuais, etc).
Apunta Ricardo que os métodos e dinámicas que se utilizan con nenos e adolescentes “hay que pensarlos a la luz de la actualidad. La sensación de estabilidad que existía antes ya no existe ni con las familias, ni con el propio empleo y este es un factor crucial, ya que la sensación de estabilidad quizás no vuelva nunca, por eso usamos la definición de modernidad fluída o líquida, de la que tanto se está hablando actualmente. […] La adolescencia es un constructor social, no es una etapa biológica propiamente dicha, los ritos de antaño marcaban el paso de la infancia directamente a la etapa adulta, cuando ya podías formar tu propia familia. La adolescencia como tal aparece con las sociedades industriales sirviendo de etapa de aprendizaje más compleja hasta llegar a la edad adulta. El problema es que la adolescencia se ha ido ampliando por abajo y por arriba, cada vez se es adolescente antes (10-12 años) y durante cada vez más tiempo, hasta que ha llegado el punto en que ya no son los adolescentes los que quieren llegar a la edad adulta sino los adultos los que quieren volver a ser adolescentes.”
Tanto eu como a miña compañeira comezamos a vernos reflectidos neste análise, Sigo sendo un adolescente con 27 años? Este curso ao que asistimos, vai sobre nós tamén? Non importa, seguimos.
Ricardo fálanos da pérdida de referentes (Hombres, Mujeres y Viceversa), da obtención de satisfaccións de forma inmediata, sen esforzo (subir unha foto e recibir “likes” libera hormonas relacionadas coa felicidade, é unha recompensa instantánea e adictiva), da diferencia entre a saúde mental e emocional; de como o corpo dos adultos preténdese que se manteña nun estado de perpetua xuventude, adolescente, (ximnasio, cremas antiaging, tratamentos estéticos, renovación constante das modas e estilismos, etc).

A cuestión para un adolescente é: Como se chega a ser adulto se o referente social a tódalas escalas consiste en ser sempre un raparigo? Ricardo nos guía:
“Ser adulto es responsabilizarte de tus elecciones, de las que tomas y de las que no tomas, asumir que no puedes hacerlo todo. Pero parece que cada vez es más difícil estar ahí porque se nos transmite de manera continuada que TODO es posible”.
Aparece entón o que eu personalmente denomino, efecto Mr Wornderful, a famosa empresa de cuncas con mensaxes motivadoras: “Hoy vas a conseguir todo lo que te propongas”; “Hoy es el primer día del resto de tu vida”… etc, etc, etc. Fai falla reenfocar a educación, volvemos falar de redes sociais e de como constitúen toda unha dimensión social sobre a que non estamos a por o foco, e que está canalizando moitas das nosas carenzas emocionais.
“Somos una sociedad fundamentalmente narcisista, estamos muy vueltos sobre nosotros mismos y hay un factor crucial que las redes sociales no pueden ofrecerte que es, la figura física del otro, el contacto”.
Mentres falamos fóra con Ricardo entre posos de café, dentro do local Natalia segue coa segunda parte do curso e nós reflexionamos sobre o nome do curso, que podería haber titulado sobre a influenza das redes sociais na personalidade, nas actitudes, ou noutras perspectivas; pero sen embargo o que plantexa é a ligazón entre identidade real e virtual. (Onde está o ser? Pregúntome se estamos perdendo a cachola). Os tempos na rede son distintos, tempo para pensar respostas, tempo para retocar a túa imaxe, tempo para analizar… non tratamos con nós mesmos cando interactuamos no ciberespazo, senón con construccións de nós mesmos.

Acudía para falar de pais, fillos e redes soiais, e resulta que son parte dun relato (un adultescente no meu caso) no que tamén estás ti. Con este golpe de realidade (virtual) na miña cachola pasamos dentro e vexo pais (nais máis ben…) igual de perdidos ca min, pero nunha situación peor pois teñen medo das implicacións das novas tecnoloxías non só na súa propia vida, senón tamén na sociedade, e o máis problemático, no día a día dos seus fillos: adicción aos dispositivos móviles, bulling e ciberacoso… no peor dos casos incluso pedofilia como todos sabemos. Estas nais teñen medo e angustia pola parte descoñecida; castigan aos seus fillos sen móvil ou reclámanlles que non os utilicen mentre elas pasan o día tamén falando por whatsapp e sentan á mesa co teléfono “porque lle poden escribir do traballo”. Por outra banda os pais que están fóra da rede teñen moita inseguridade a hora de tratar un tema que realmente non controlan e abordalo sería recoñecer o seu descoñecemento (brecha dixital) e por tanto unha perda da autoridade que xeneralmente exercen ou tentan exercer. ASEIA pon sobre a mesa moitas cuestións e temos que recapacitar sobre elas entre todos.
Natalia explícanos que na asociación traballan con dinámicas de grupo, que as ANPAS demandan cada vez máis abordar e tratar este tema, no que se traballa non só cos alumnos, senón tamén cos pais. Os patróns de consumo masivo, a tenencia e propiedade como forma de ser, as modas, a identidade virtual e a mencionada fluidez da sociedade actual, aféctanos a todos, por iso, debemos construír entre todos.
Nunha sociedade hiperconectada, na era da comunicación, fai falla máis diálogo ca nunca. Vaia ironía. Así que animo a todos os pais a que se senten a falar cos seus fillos de ti a ti, poñendo as emocións como tema principal. E se non sabes cómo facelo, busca o asesoramento de profesionais como ASEIA, que presta toda a súa dedicación.
Autor: Roberto Nespereira Pereira
Fotografía: Cris Armadanzas
Podes contactar con eles en todo momento a través de:
Web: http://aseiagalicia.org/contact.html
Facebook: https://www.facebook.com/ASEIA-305036369629714/?fref=ts
Muy de acuerdo con la opinión de Roberto, la sociedad tiene que implicarse en su propia reeducación o estamos condenados a perder nuestra identidad y los valores que nos hacen ser personas
Me gustaMe gusta