ONDA REGGAE: PETER TOSH

Autor: David Conde Seoane



Botando unha ollada atrás no tempo, poderemos observar cantos acontecementos transcendentais tiveron lugar no mes de setembro e, sobre todo, a data que hoxe nos ocupa; o 11 de setembro. Esta é unha data que retumba nas nosas mentes retrotraéndonos ó gran acontecemento do que levamos de século, que non é outro que o derrubamento das Torres Xemelgas. Non obstante, o caso que aquí nos ocupa, non é referido a tan traumática e manida situación, senón ó 30 aniversario da morte dun home, acontecida nunha diminuta illa das Antillas: Xamaica.

Está claro que en Centro América a violencia nas rúas é algo xeneralizado, e a illa do “bo rollo,” o rastafarismo e o paz e porros para todos, non ía ser menos, i é que moitas veces, as aparencias enganan. Este é o punto vital a reivindicar para min hoxe aquí.

O 11 de setembro de 1987, tres homes armados entran nun domicilio para levar a cabo un atraco, que acaba da peor maneira, sendo tiroteados os ocupantes do mesmo. Entre os atacados atopábase Peter Tosh, e entre os atacantes, un home que el axudara tempo atrás.

PETER_TOSH

Peter resultaba ser un home afable disposto a axudar á súa xente. As súas melodías, ó igual que tantas por aquela época na illa, reivindicaban beneficios para os habitantes dun pobo oprimido. A diferencia con outros lugares do planeta, non obstante, estriba en que Peter era un home máis cercano do que os clásicos do entorno da canción protesta (sempre se falou da prepotencia de Dylan e similares), xa que proviña do “guetto” e non esquecía as súas orixes.

O problema, coma sempre nestes casos (ó igual que co seu colega Bob Marley), é a iconización da figura e a desvirtuación da súa mensaxe. No caso de Marley significou unha asociación errónea a determinadas actitudes e unha desmadrada vida sentimental pola súa parte, chegando a ter 11 fillos recoñecidos con 7 mulleres distintas (unha delas Miss Universo), algo que seguramente non acontecería se seguise a vivir na barriada de chabolas da que saíu.

51Q0wb5StCL

No caso de Tosh foi algo diferente, xa que el a fama non o arrastrou a esa voráxine, pois de feito escapaba de calquera tipo de sensacionalismo, e avogaba pola busca da verdade, pois para el era unha das cousas máis grandes que se podía atopar na vida. Dela dicía Ortega y Gasset que era a suma das múltiples perspectivas, e quizais sexa unha definición bastante acertada. Na súa canción “you can´t blame the youth,”  Peter Tosh criticaba que certas figuras foran vanagloriadas como exemplo a seguir pola xuventude, como personalidades con forza, triunfadoras ou impoñentes fisicamente. Atacaba nela, desta maneira, a eses ídolos que son creados no imaxinario colectivo, a través dunhas ensinanzas que dogmatizaban e facíannos ver a grandeza de seres cando non existían neles tal atributo.

No fondo, transmitía que o fenómeno fan adormecía e creaba siareir@s de figuras que non debemos esquecer que son completamente normais, elevados por intereses espurios (así se establecen cánones de beleza, códigos do triunfador e estereotipos varios que son totalmente relativos) para, a fin de contas, adormecer conciencias, que é o gran interese existente detrás de todo ese conglomerado. Por iso mesmo había interese en quitalo do medio. Pensar algo máis que na broza que nos ofrecen polos ollos pintada cunha fermosa cor, é algo ó que, por desgracia, moi pouca xente está disposta.

peter tosh05

Dos tres atacantes, dous nunca foron identificados, aínda que se di que si axustizados nas rúas por compatriotas de Peter Tosh, e o terceiro sigue negando os feitos. Non se sabe se a CIA ou calquera outro derivado andaría detrás, algo clásico tamén por aqueles anos de fría guerra. Sirva pois, este texto, para relembrar eses ideais e conmemorar este triste aniversario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.