A fin do réxime do 78

Autor: Roi Nomade


Xerouse tralos recentes sucesos en Catalunya unha voráxine informativa coa que os medios de comunicación e as redes sociais, sempre á vangarda da opinión, nos golpean a tódolos cidadáns en busca da nosa afiliación a un ou outro punto de vista. Cada unha destas intentas para moldear a opinión pública se disfraza de veraz antes de saír polas bocas de quen pretenden que nos adscribamos necesariamente a un dos varios bandos que os intereses particulares están a xerar. Pero non nos enganemos, determinadas opinións teñen moita máis facilidade para aparecer nos medios xeneralistas, deixando algunhas reflexións na máis absoluta marxinalidade. A secuencia cronolóxica dos acontecementos (a grandes rasgos) é de sobras coñecida, pois nos últimos días podéronse ver varios reportaxes que nos falan da evolución do conflito: Estatut de Catalunya, recurso do Partido Popular, diadas masivas, referendo, etc. E tampouco deberíamos separar da ecuación outros moitos factores como a crise, os indignados, as mareas, a reforma exprés da constitución, a débeda, o rescate, a corrupción. Hai, en definitiva, un discurso bastante articulado, pero tamén algunhas reflexións que quedan fora del.

desobediencia (público)
Desobediencia (Público)

 

Os últimos sucesos en Catalunya son, entre outras cousas, un exemplo da loita contra o estado, pois aínda que a loita que nos venden é a da España rancia de Rajoy contra a Catalunya revolucionaria dos nacionalistas, o feito mesmo de querer levar as urnas a rúa independentemente do que diga a Constitución é un acto de desobediencia civil. Non podemos quedarnos coa visión sesgada que nos presenta a Puigdemont como líder do conglomerado nacionalista, a posición da antiga CiU semella máis oportunista que sincera, e o movemento nútrese de plataformas cidadáns así como de agrupacións de concellos. A xente, en definitiva, é o autentico motor deste movemento e quen ten a potestade de desobedecer a un Estado que non os representa. Esta aproximación da política institucionalizada ao máis puro corazón do asemblearismo leva uns anos descubríndose en partidos como as CUP e Anova, así como as mareas, que reflexan esta evolución. A explosión do 15-M, os indignats de Plaça Catalunya e os de moitas outras poboacións, reflexa un malestar xeral co sistema político, e así empezan as reclamacións dunha democracia real, máis directa, na que as persoas podan participar activamente nas decisións, ata agora nas mans do Estado. A legalidade, termo que estes días esgrimen constantemente quen creen posuíla como propia, debe necesariamente ampararse no pacto social, un pacto social que hoxe se pon en dúbida. A chegada da crise económica de ámbito internacional fixo que as primeiras voces discrepantes se alzasen. A innegable manipulación política por parte dos poderes económicos e a corrupción desmedida que empezamos a vislumbrar foron so uns dos detonantes. En 2006 o Tribunal Constitucional, a instancias do Partido Popular, impugna o Estatut de Catalunya aprobado polo Parlament e polo pobo catalán mediante referendo, e co motivo do proceso de recuperación económica que o Estado español aborda, acabase embargando o estado do benestar mediante recortes e reformas que ignoran os nosos dereitos como cidadáns, feito que favorece unha desigualdade social que provoca que a día de hoxe os tres españois máis ricos acumulen a mesma fortuna que 14 millóns de persoas, e que tivo a súa confirmación na reforma da constitución que sen facer ruído pactaron PSOE e PP para asegurarlle ao mercado internacional que a débeda externa sempre estaría por riba do gasto social como da sanidade e da educación. Cada un destes feitos é un exemplo da ruptura do propio Estado, que xa non atendía a soberanía do pobo, senón que actuaba en defensa das elites económicas internacionais. O cambio do modelo social é evidente, así coma a inoperancia da Constitución do 78, que pretendía renovar un pacto social facéndonos esquecer as miserias dunha ditadura que nunca chegou a irse. No referendo do 9-N que prantexou o Govern en 2014 preguntaban se se quería que Catalunya fose un Estado, e en caso afirmativo, se se quería que fose un estado independente, e xa naquel momento un movemento social emerxente, o Procés Constituent de Catalunya (creado para promover un cambio de modelo político, económico e social que implique o fin do capitalismo e a independencia de Catalunya, con xente como Teresa Forcades e Arcadi Oliveres ao frente), optaba por unha nova vía, o No/Si. Independizarse de España, pero non en forma de Estado, para non acabar caendo na mesma trampa da que aínda estaban por escapar.

stop repressio (el periodico)
Stop repressio (El Periódico)

Así pois chegamos ata o momento actual, onde o poder xudicial, dirixido pola elite política do Estado, que traballa así mesmo para os intereses económicos das grandes multinacionais non acada a frear os impulsos de soberanía do pobo, neste caso do pobo catalán, que non debería (nin está) só nesta loita. As cargas policiais e a represión en contra, xa non dun nacionalismo máis que oportuno para o PDeCat, senón contra unha poboación que se sabe fora do xogo na que a queren facer entrar, son as desesperadas medidas para apuntalar un Estado en ruínas, e a comparecencia do soberano desta monarquía non fai máis que confirmalo. Vivimos nun País que non sabemos nin se chegou a existir coma tal, nunha mentira constante que nos obrigan a crer, alienados das nosas propias responsabilidades e dos nosos dereitos, e a isto se lle pon fin afirmando a nosa vontade, sen medo, na rúa. Porque non os necesitamos, non necesitamos que nos gobernen, e non so deste xeito, de ningún. O futuro pasa agora por afianzar un novo pacto social, un novo modelo, non de Estado senón de Sociedade. E que mellor momento que hoxe que nos decatamos de que o réxime do 78, o réxime que continuou coa obra do ditador, morreu.

imaxe para pe de páxina( si se pode en pequeno)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.