Autor: Álex Fidalgo del Río
Vivimos un momento clave para a humanidade, un ano 0, 1492 ou 1929.
Xa non hai que saír da cova para facer lume, o máis atrevido que saía con todas as de gañar unha boa presa agora só necesita un dispositivo cargado na súa man, os máis intrépidos da caverna babearían con Tinder, e as disputas sanguentas daquelas prazas que describe a historia caben agora en 140 caracteres.
A influencia continua, esaxerada de estímulos baleiros de contidos, cores e formas, titulares e ofertas, estado de total indefensión para o home que baixa o sombreiro, nunca viu tal exército que ata se mete polos pantalóns e lle vibra en pleno traballo recordando que está sometido.
Pois ben, demos grazas de todo isto.
Non vou preguntar se tes perfil em facebook, whatsapp, conta electrónica, email, compraches algún billete de avión online ou calquera outra forma de compartir en linguaxe algorítmica todo tipo de información da túa vida, porque xa o dou por suposto. Agora pregúntate se o volverías a facer.
Pois isto vai diso, lóxico, oxalá continúe desenrolándose, xamais pensamos escribir en tempo real de maneira “gratuita”, en grupos, teus pais! Isto vai diso, coller o tren, ou buscar wifi para comprar o seguinte tren en Renfe App.