SUICIDIO

Autor:  Aarón Roble Pulido


Nacín unha vez, maldicín ese fascismo 50 máis.

Imaxínome ós meus irmáns espermas que morreron ao meu carón coma a verdadeira vida que me trouxo ata aquí, apostar por un intento desesperado de paixón cunha soa bala que non se perda fugaz no vento das palabras quebradas por almas delirantes de marketing inocuo, pois tanto está dito… que podo eu contarte novo? máis que apuntar, apuntar, disparar, saír fervendo póla recámara e cortar o vento co meu cabelo prateado coma un meteorito sobre o propósito a corto prazo, xa, agora, como aguantar se non pido máis que auga da fonte e aire para respirar? Nada o vexo dende fóra, é totalmente imposible non saír de min e penetrar na máis densa pedra se fora necesario, quen son eu entre tanta vida para non facelo, se ademais, non podo facer outra cousa.

Non elixín ter conciencia, nin corpo, nin conciencia sobre o corpo, afirmo que a miña vida non ten máis sentido que as árbores que osixenarán ós meus fillos pois son o que máis quero, e para vivir necesitan máis eses carballos que unha figura paterna substituíble co paso dos anos e o desenrolo intelectual; recalcando a miña ética e moral, afirmo que desecaría plantas, cortaríaas e queimaríaas se fose necesario para ampliar o garaxe da miña casa, cambiaría o amor dun día para outro por un “Si!” entusiasta, traballaría millares para dalo todo a quen quero, pois para min non pido nada.

Este sentimento de masturbación, no que o cerebro goza sen diferenciar pero ti sabes que non é o mesmo, lévame por sendeiros pechados cheos de príncipes, zapateiros e travestismo, pois como dixen son unha esponxa que non acha unha razón para non absorber, absorber, e seguir absorbendo cousas que nin recordo pero semellaban interesantes, coma tentar foder cun home se me perden as mulleres, pensar en vexetais ou adorar cans cando son un zorro ceibe do monte; cando relaciono os medos cas ganas de morder, volvo a deixarme sen comer 3 días e nin respectarme deixo.

Que negativo é este rapaz! Vale, pensa en todos os bos momentos, eses que nunca esquecerás, intenta calcular o que duraron, en días, ese será o teu numerador. Agora calcula o número de días que que viviches, será o teu denominador, soamente dálle a “=” na calculadora e multiplícao por 100.

Efectivamente, nin o 25% da túa vida está neses recordos, sabes cantos pasaches equivocado, pensando erroneamente, aportando a unha contaminación atmosférica sen igual, envolto en dores, problemas, preocupacións a mares por chegar a fin de mes?

Si, hainos que dirán:

–  “A min, que lle queres, valeume a pena”

Cantos medos nos condicionan, Ai Freud, ai Freud o que tal contaches! Seguir crendo é cousa de incrédulos, quen o ía dicir.

Todas esas bombas nucleares para que din que son?

Señoras, permitímonos pensar que unha gran guerra biolóxica ou nuclear nos arrasará a todos, porque hai precedentes e razóns día tras día, votar non serve de nada, as democracias perderon toda soberanía posible fronte os bancos e grandes fondos de inversión (especulación), non parece que ningún magnate amague con apagar as máquinas que desfán o noso medio, e as persoas cada vez somos máis insoportables, de verdade, basta con pisar unha gran calle comercial, con fermosos cadelos, móbiles cargados, corte de pelo “CR7” pro rapaz, mil etc.

Toda transición imperiosa da humanidade sobre as máquinas esfumouse, estamos no principio dunha era, e xa estamos dominados polas redes interconectadas. Con que perspectiva traballamos? Pois unha escala recente, nova, descubrina hai 2 meses: Adeus.

Hai actos heroicos, nos que amagas entre a vida e a morte, a familia sufre e todos se preguntan que sería si houbese pasado; máis heroico é Joaquín, Vanesa, Sofía, Jose, Manuel, Lucia, Jorge, David, Pablo, Esteban, María, Julián… non dubidaron nin lles tremeu o pulso ante este mundo.

O meu máis sincero respecto a vós e o voso círculo.

1 comentario en “SUICIDIO

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close