O Fareiro; unha reflexión e dez versos de arte menor

Autor: Pablo Gómez Portas


Aquí estou de novo cas miñas cavilacións rutineiras, cavilacións que son pasto do aburrimento burgués dunha tarde de sábado na que non traballo ,  mentres  entre as rúas  a paisaxe  decórase grixásea e alumeada nestes infindos días de choiva. Grixásea por que literalmente as nubes vóltanse grises o chover e alumeada referíndome os farois marelos das rúa dos viños que reflexan ás súas cores contra o chan mollado aumentando a sensación de luz. Prendo un cigarro, na infamia do meu rostro enfurruñado pola soidade e  póñome a cavilar sobre o ton das nubes e a súa descrición literal e o certo e que a inutilidade da descrición supera o literal da situación, no sentido lexítimo da escritura en canto a súa forma e fondo. Como deberíamos describir a situación seguinte cun exemplo “literal”? imaxínense vostedes que están albiscando o río Miño ,absortos nos seus pensamentos , buscando algo de poesía , algo , pouco,  nun dos seus sendeiros e comezan pensando e relatando “sobre a beira do río camiño fixándome nas pedras , o río corre a miña contra e síntome nunha dirección inútil” , pois ben  pensen ou atopen nesa descrición que un neno o voso lado tíralle unhas pedras o río mentres o pai dille: Non lle tírelas pedras os patos!

Prodúcese nese instante unha contraindicación poética , a literalidade da situación supera ó efémero da poesía, o neno rompe a delgada liña que separa a poesía do século XVIII e a do noso século, o poeta xa non é un ilustrado, todos podemos ser poetas , veña a escribir sen reflexión nin sentido lexítimo da palabra sen sentires nada máis que o bolígrafo sobre o folio, escribindo un poema para recitar(para recitar escreben os mediocres diría Rimbaud)  escribide esquecendo e utilizando a mesma escritura coma cura ou remedio , unha cura que non implica a salvación damas e cabaleiros , unha cura paliativa e curtoplacista e mesmo sendo cada palabra unha falta de respecto integral  a aqueles que perderon a cabeza por algo que como di Roberto Bolaño “Non se sabe moi ben o que é” e ademais engade nunha entrevista a unha cadea arxentina  “Só dous poetas chegaron o significado da palabra ou definición de  poesía”. Así que amigas e amigos imaxínense a importancia desta disciplina literaria en canto a forma e fondo , así o é polo menos para o escritor chileno e infrarrealista o cal mantén a miña incerteza, imprecisa por outra banda,  sobre a utilización do literalismo ou da metáfora coma forma de escritura.

Houbo un día no que tiven a oportunidade de sentirme poeta , un único día na miña vida rocei cos meus dedos iso que resulta tan delicioso de ostentar , o cargo de poeta, de bardo perdido nun século que non lle pertence. Un día no que recibín “a noticia”, unha noticia incerta unha noticia que se escribía en tres folios din-A4, unha noticia incrible en canto a forma e fondo, unha noticia “ A noticia” si , a noticia definitiva e digo esto por que pretendía eu ser un poeta(incido) así como calquera que se fai médico, xornalista ou fontaneiro pretendía perderme no mundo da metáfora, no mundo na ilusión Faustiana de recitar en verso o meu acontecer coma home na terra ou mesmo cecais tirarme o farol de ser como o pai de Juan Antonio en “Vicky y Cristina Barcelona” argumentando que non ensina os seus versos por mor de que se perda a sustancia.

Voltemos de novo o día, o día no cal recibín “A Noticia” : Vagaba eu rozando o abrigo contra o chan , as únicas persoas que me polo menos facían caso eran as vellas que berraban: Estás mollando a chaqueta! Máis de unha ofreceuse a facerme un apaño no delirante abrigo que lle saca de quicio ata o Dalai Lama e  como unha morse de dor indolente , vacío de pel e sustancia cavilando sobre o meu futuro e pensando tamén nela coma un can doido que esquece o oso no matorral (e terá moito que escavar para atopalo), recordo nese día o fume das fogueiras neses estralos de nebulosidade que tanto recita a miña terra mosense, que estupidez para un home que sinte un impulso que non é compartido ter que falar da metáfora do ciclo das estacións para que o resto dos mortais o aplaudan. Subide unha foto de Audrey Hepburn e poñede debaixo , no epitafio: A vida é unha selva, Good save the thinks!

A noticia terá para o lector unha impresión relativa. Unha carta chega a redacción da revista mosense  “Letras perennes de Folla Caduca”   a noticia é unha carta e esa carta está escrita por un fareiro, é dicir; un home que traballou durante vinte anos nun faro da costa da morte e no cal nesa carta escribía  unha extensa narración nas xa citadas tres páxinas sobre a miña tese sintetizada en dez versos, sobre o derradeiro bastión da nada , mais que digo da nada? E revolvo  de novo os meus miolos sobre  a miña interpretación  do cadalso marítimo (o poema titulábase “O Mar”  que pode ser ideal ou literal e zecais aborreza agora a composición poética metafórica tanto coma a miña relación co mundo simbólico) o fareiro  falaba de min coma un poeta , poeta que sabe interpretar o cheiro do mar a súa extensa composición de H2O, dos  poucos que pode facelo dicía o fareiro , e se cadra nese intre non puiden crer ou máis ben sentíame un falsario .Un poeta é un finxidor afirmaba Fernando Pessoa que de tanto finxir pensa que esa dor é real , e o certo que logo de ler o postergado mestre da poesía lusa róeme no interior a inquedanza de non  ter comprendido as palabras do fareiro, as cales non respondín por que sentíame a min mesmo coma precisamente iso; un finxidor dos que finxe ata unha situación de desorde para acadar a orde e a harmonía como din os valerosos poemas dun tal Kiko Neves os cales  debúxanme  na mirada unha sensación de arrepíante gargallada, zecais esa sexa a verdadeira poesía a que mostra en realidade o loito interior do poeta a que canto menos serve para rir e chorar a un mesmo tempo,  o autor de Sábado 24:

Torcín un nocelo.

Topeime con Ela.

 Que fas.

Estou perdido.

Doeme un pé.

Riuse e marchou.

Ía con alguén.

Cheguei ao piso

Perdera as chaves.

 

Voltando a Pessoa en “Odas de Ricardo reis”, este anuncia no seu prólogo que perdeu toda a súa personalidade poética outorgándolle vida os seus pseudónimos, mais que sensación liberadora e de canalización emocional debeu sentir Pessoa que a pesares de ter creado os seus personaxes, estes non o superaron a el coma escritor que mantivo ata hoxe unha pulcritude literaria  e un fervor crecente nos novos lectores de Poesía. “ Puxen en Caeiro todo o meu poder de despersonalización dramática, puxen en Ricardo Reis toda a miña disciplina mental revestida da música que lle pertence, puxen en Álvaro de Campos toda a emoción que non lle debo a min nin a miña vida..” Máis debe un saber camiñar sobre o fío da navalla dos pseudónimos xa que pola contra atopamos o caso de Conan Doyle o cal non destacaba precisamente por ser un referente  literario mais foi quen de crear un personaxe icónico para a escea Londiniense e da segunda revolución industrial. Pola contra neste caso o seu talento deulle un revés e o seu personaxe Sherlock Holmes o cal  superou ao seu creador. Conan Doyle decidiu mesmo matar ó Detective nun derradeiro capítulo mais logo tivo que voltar a resucitalo debido a unha forte presión popular, a cal ata chegou a levar negros crespóns nos seus brazos (cando leron que Sherlock Holmes fora asasinado , os lectores pensaron que era un detective de verdade). Mais voltemos de novo á noticia recibida, o meu poema ( O Mar ) como dicía fora interpretado polo fareiro como unha xenialidade , mais dubido loxicamente da súa xenialidade e da súa enteireza , pensemos por exemplo na figura de Manuel Antonio, poeta do Mar en esencia , poeta que nace a escasos metros das casas de Dieste e Catelao , e a ver quen ten as agallas de enfrontarse ao ideólogo do galeguismo dende un punto de vista rupturista e cuase libertario, ese foi Manuel Antonio o cal dende neno tivo unha intensa relación co Mar e cuxo poemario “De catro a catro” é un diario de abordo poético da súa aventura marítima, feito que denota o seu potencial intelectual e a súa intelixencia que sobrepasa os meus versos coma un carro de bois que pisa unha miñoca. Manuel Antonio escrebe:

Quen fechou esta noite   

a fiestra azul do Mar?
Este Mar fuxitivo
de tódalas ribeiras
Náufrago do neboeiro 

 

 que desviou o rumbo

dos puntos cardinais 

 

Ficaron as gaivotas 

 tres singraduras a sotavento 

Desorientáronse os arroaces

intrusos e impunes.

 *Nas Fotografías Manuel Antonio e o pailebote Constantino Candeira; barco no cal o poeta de Rianxo escribiu ” De Catro a Catro”; poemario cume da poesía galega.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close