Terra de Arxila

A súa face,

terra de arxila enraizada

polos desacougos

case irrecoñecibles

do tempo.

(reiterativo e burleiro)

 

A súa face,

chea de gretas

polos anos de seca.

Crebada

pola fendida

familia

o tempo eterno

a fame

impasible.

 

O esvaemento do agradable na chuvia do constante

Os ollos,

os da matriarca

enxergaban os desaires da vida.

 

Os seus ollos,

os de ela,

integraban a loita.

 

Os seus ollos,

os de Mariela,

vían o que veu

e o que viña.

 

E o resto, o resto da expresión fendíase e fundíase ante o absolutismo dos seus ollos.

Alicia Piñeiro

Fotografía : Xose Garrido

Un comentario en “Terra de Arxila”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.