O video-poema de Uxía Rodriguez “El reflejo de mis ojos cuando miras” esconde moito de introspectivo e sustancial en canto a relación do verso e imaxe así como que pretende ser un alegato o mundo interior; o iceberg que todos escondemos nos adentros, unha ansia por entrar no corpo doutra persoa para sentir o que sinte, para ensinarnos as razóns da existencia e do amor como unha mostra de desexo entrelazado cun parentesco cos reflexos nos ollos e onde cecais a autora quere atopar a verdade. Un mundo branco onde os dous, ela máis el ou a súa poética corpórea atópanse unidos por unha mesma cor e onde o tempo logra deterse nunha imaxe, nun intre concreto, nunha causa vital común; a mirada coma desexo e desafio. Brais Sánchez foi o encargado de interpretar o verbo e dirixilo cara a imaxe , sendo o editor dunha obra completa e conxunta , un traballo o que temos moita estima dende Revista Orballo tanto pola súa calidade así coma polas figuras que nel participan que tan importantes son para nós.
Por Pablo G.Portas