Respira, tornaron raíces.
Nos ollos só cinza,
imposible pechalos.
Caigo ao baleiro
inundandoo de luz,
só
recordo
espertar.
De pronto agromar,
chorar,
ate soamente rir
apertando un ronroneo
e unha sonada
de inocencia.
Paseniño
vou roendo
a venda dos ollos,
comezo a rodar
nun manto de seda
pedra
e agulla.
Deslízome
comigo,
cara onde non
non se volta.
Sigue respirando, vexo o primeiro raio de sol.
Antía Balvís Moreiras
