Noa Moreira. Poesía

Vivimos os dous perseguindo o mesmo.

Corremos atrás da beleza caduca dos carballos que brotan no asfalto.

Nunca máis estaremos xuntos.

————————————————————-

Sangro palabras porque xa non hai estacións.

Desaparecen coa túa fuxida branca e silenciosa.

Viaxas polo mundo na miña cabeza.

———————————————————–

Pensei que os versos que levo cravados no pescozo botarían a berrar.

Ti xa dixeras todo.

O meu lugar tamén foi mar algunha vez.

————————————————————

Eu sei e comprendo a pose cruel e de futuro

que nos ofrece a vida despois do último suspiro.

E caio rendida.

———————————————————

Tamén estou obsesionada.

Ese o aberto e pechado das baldosas violetas polas que camiño.

E o momento exacto no que deixamos de ser musas.

Autora: Noa Moreira
Fotografía: Xose Garrido

Un comentario en “Noa Moreira. Poesía”

  1. Cando a arte te aroupa dende cativa e a sensibilidade forma parte do teu ser cando naces, a maxia guíate irremediablemente cara un lugar privilexiado. Penso que Noa tivo a sorte de chegar a el.

    Le gusta a 1 persona

Responder a Felipe Castro López Cancelar respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.