Poemas en Atenas. Kléo

De Alicia Piñeiro:


Chórote
mai, irmá, abuela
Terra
miña Terra.
Chórote
dende lonxe, dende o meu camiño
cara Ítaca,
Terra,
miña Terra.
Chórote vendo
como te ardes
como te queiman,
Terra,
miña Terra.
Chórote,
mai, abuela, irmá,
Terra,
miña Terra.
Chórote
porque me afastan
e de ti me afasto,
Terra,
miña Terra:
irmá, mai, abuela.
Odio a Ítaca por terme aquí, sen ti,
mais terás que perdoarme,
porque Ítaca,
Terra,
Miña terra,
son eu.
Eu son Ítaca.
Eu en busca de min mesma en manía persecutoria.
Terra,
miña Terra
E me levo,
con “vento en popa a toda vela”,
lonxe, lonxe me levo de ti,
Terra,
miña Terra.
“Bicos, bicos, moitos bicos. Que os bicos tamén alimentan.”

Ilustración Mar Ocampo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.