Autor: Pablo Gómez Portas
Antoine é un adolescente duns dezaseis anos que se atopa aburrido durante os meses de verán, mesmo cando debe asistir ás clases de escritura de Olivia; unha escritora de prestixio que está a levar a cabo o taller de verán na vila de La Ciotat; vila situada no sur de Francia, portuaria na súa historia recente onde os asteleiros facían gala de enormes buques mercantes, guindastres e barcos pesqueiros nos que o son das gaivotas, a grande masa de traballadores e os fumes provintes das enormes montaxes no seu porto industrial alardeaban de riqueza, traballo, pulso e dinamicidade . Na Ciotat , tamén se produce a gran reconversión naval e industrial dos anos oitenta e noventa e os grandes pesqueiros e a construción de buques mercantes perde certa importancia en troques do porto deportivo, onde os iates de grandes xeques e empresarios occidentais decoran o seu paseo marítimo. Nese contexto e nunha grave crise de valores e auxe da extrema dereita de Le-Pen en Francia, atópase Antoine, protagonista deste filme o cal non atopa o rumbo da sua vida, como acontece con moitos adolescentes, os cales decidiron non continuar cos seus estudos, os cales caen como un grande peso indolente no aburrimento e sen saber que facer e os cales e as cales non atopan dinamismo e acción en vidas que transcorren cunha tranquilidade demoledoramente pacífica no estilo e rumbo de vida para un rapaz con inquedanzas pero sen o contido necesario para recoñecerse no mundo actual e participar así na sociedade actual coa reflexión e análise necesarias para unha persoa da sua idade. Antoine consume audiovisual bélico tanto en cinema como en videoxogos, na nosa xeración de audiovisual en activo , nese estado mental de experimentación virtual bélica recoñece as súas ambicións. Quere participar no exército francés e defender a nación que, para el, está a ser atacada sistematicamente. Iso parécelle divertido, alonxao da sua rutina cotidiana. No taller de literatura, Olivia, móstrase preocupada polo seu fervente racismo e pola súa participación na recreación narrativa en dito taller; alardeando de armas de gran calibre, asasinatos en iates en medio de luxo e confort, propostas literarias que manteñen a tensión entre os participantes, tamén adolescentes, máis abraiados e feridos polas impertinencias de Antoine que non respeta as ideas dos seus compañeiros que polas temáticas que pretende plasmar na novela en común que están a realizar os xóvenes estudantes do obradoiro. Neste clímax belicoso e no aburrimento dun verán tranquilo na cidade portuaria francesa de La Ciotat; Lauren Cantent, o director francés abre un total de tres temáticas troncais como son a xentrificación e o mudar do decoro das paisaxes en cidades masificadas polo turismo , o auxe da extrema dereita no caso francés e o asamblearísmo xuvenil, dunha maneira moi próxima a un dos seus filmes irmáns en canto a temática e movemento cinematográfico do cine francés na actualidade, ás “120 pulsacines por minuto” de Robin Campillo, filme de temática fondamente realista e onde un grupo de xóvenes activistas e enfermos de sida reúnese en asembleas en protesta pola mala xestión do goberno francés en canto a facilitación do tratamento necesario.
Máis ímonos a centrar na turistificación , xa que é o tema de fondo do filme e ademáis actúa como axente de socialización, tamén na xentrificación turística que non so é un fenómeno de concentración e contradición turística o redor dos lugares máis emblemáticos dunha cidade, a xentrificación é un comportamento onde a única fin e a acumulación de experiencias lúdicas neses lugares o que comporta que a finalidade do turista choque frontalmente coa finalidade da vida cotiá dos residentes, e polo tanto prodúcese a invasión da intimidade no seu territorio, de aí que en “ El mapa y el territorio” de Michael Houllebeq transmítase a mensaxe de esa perda de sentido lírico tanto a nivel patrimonial como gastronómico. Moitas das residencias habituais do casco histórico dunha cidade pasan de ser lugares de residencia a lugares de hospedaxe, as grandes compañías de aviación elixen cales son os destinos para que o número de clientes medre en troques de que o prezo dos voos baixe, todo está reglado para que o mundo esté conectado en gran parte con fins turísticos. En “La prespectiva antropológica del turismo” Douglas e Isherwood establecen exemplos a partir do viño e onde esta bebida de sustancia fondamente cultural aparece tamén coma outro gran exemplo en canto as visión diferenciadoras entre Brillat-Savarin, coñecido xurista francés dos tempos da revolución francesa e autor da “Filosofía del gusto” e o seu poeta coetaneo Charles Baudelaire, os cales diferenciaban o viño en dúas versións do mesmo. Así como Savarin consideraba o viño como “elemento nutricional” , Bauleraire pola sua banda afirmaba que era máis ben un xugo da “Memoria, esquezo, felicidade e da melancolía”, polo tanto diferenciamos o turista que valora o viño polo seu valor nutricional, diferenciando aromas e saboreandoo con certo regusto intranscendete e sustancialmente superficial, e por outra banda atopamos o poeta que é metáfora do residente o cal aporta a cuestión líquida pereiriana da vide coma na frase dun coñecido poeta que afirmaba aquilo de que “ as rúas do casco antigo son as viñas dos poetas”, en referencia a actividade da rutina dunha vila que se pode observar o fondo dun val, por exemplo, e onde un tren ábrese paso entre os edificios que decoran a paisaxe , a fábrica bota fume e un señor rega as prantas da sua casa mentres de fondo escoitamos o barullo da praza de abastos. Este exemplo explica o sentindo de pertenza a unha comunidade e que é deconstruido polo turista que se cadra queda engaiolado pola diferenciación de contexto no que vive máis debería tamén ser educado tanto nas costumes como no progreso dunha vila.
Slavoj Žižek afirma que “ A fantasía deforma a mirada do turista, o cal, ademais non está preparado para ler os signos que contén o espazo que recorre e que foron construídos consensual ou antagónicamente polos residentes» polo tanto cabe afirmar que a xentrificación fai que en moitas ocasións as vilas perdan o seu valor histórico e dinámico e que moitas persoas residentes como Antoine, non se recoñezan nese mundo. Ademais o bombardeo sistemático nunha mente adolescente e sen táboas en canto as consideracións da civilización atopan o inimigo no inmigrante no lugar de reflexionar sobre o mudar dos tempos en favor do poder das multinacionais que repercuten na vida diaria das persoas en vilas masificadas. Olivia convida a o avó de Malika, de orixe arxelino o taller, a novela vai collendo forma o redor dun asasinato no porto deportivo e onde o avó da rapaza explícalle os asistentes o taller como tivo que emigrar do seu pais e como eran naqueles tempos os traballos nos asteleiros, as loitas obreiras e a vida que transcorría moitas veces moi lonxe da terra nas coñecidas travesías dos buques pesqueiros pola costa do sol e polo mediterráneo, Antoine mostra interese máis necesita participar, non so escoitar a historia do lugar no que reside, aquí Olivia mantén esa necesidade imperiosa de que os seus alumnos falen das súas experiencias, do que senten para así seguir compoñendo os escenarios da novela, a asemblea e os seus obxectivos estanse a consolidar, esta forma de relacionar os xoves debería ser ata terapéutica nas aulas do século XXI, os xoves deben participar na ordenación territorial das cidades para completar así o seu interese e pertenza a cidade que habitan , Olivia é a mestra que foi quen de darlle a voz suficiente os seus alumnos para que chegaran por eles mesmos a conclusión de que a cidade non ten outro centro maior que eles mesmos. Antoine vai a pasar a acción máis para saber o que vai a suceder neste contexto de numerosas inxerencias non vos vai a quedar máis remedio que ver vos mesmos este filme que se representa en absoluta actualidade.