De Ismael Fontán Pérez
Es unha mazá.
Arrinco a túa derme para libar
o zume doce que hai en ti.
Parto triscos
e tragando vou a esencia pura-
froita da árbore prohibida
Quixera alimentarme mordendo
as túas verbas
como os pobres morden o pan.
Quixera respirar
cada bafo ordo dos teus pulmóns.
Quixera sentirte enteiramente amada/
co sentimento políglota das paixóns/
acariñada garimosa
durmida sob a miña pel mol.
Imaxínome unha pinga
perfilando a liña dos beixos
baixando
diáfana
polos recodos da boca
ate regar as flores doces
que medran no teu estómago:
Estás chea de amorvida-
Primavera
Entre imaxes anódinas
os ollos
semellan dúas lunas lascivas
Percorren as caricias
as curvas pónlas
entre as follas de castaño
Mentres tanto
agardo coso e descoso abalorios/
como unha Penélope
A noite é un lienzo de cometas
Vou deixando ronseles de amor
nos soños
tal un cativo pailebote
entre a ba-ba noctámbula das estrelas/
Da túa sapiencia faría palacios
soberbias arquitecturas-
Edén.
Fala unha serpe,
fálache a ti?
Aprendamos xuntos o ars amandi/
Chámote con moito amor, amada/
Ilustración de Mar Ocampo