Breve peza didáctica sobre a leve condición humana

Os nosos brazos non poden co peso do home pendurado da póla, somos incapaces de soster o seu peso e evitar que afogue. Sinto o seu membro erecto na miña orella mentres tento soster o corpo.

Mañá todos remataremos así, por tanto non hai mañá para nós. Vivamos o presente con paixón, amenos e odiemos con forza, procuremos esa liberdade que nos foi prometida. Ó fin e ó cabo, para que carallo fomos creados se non foi para gozar? O ritmo da vida é demasiado rápido, unha agonía na que non deberiamos acubillarnos. Mellor estar ao sol, sentindo a brisa, ou foder ou que sei eu! Ollo ao meu carón e vexo xente ben fodida. Logo a esperanza entre os dedos, faragullas de pan duro, demasiados ollos ao redor.

Penso en Tzara e a súa proverbial mente, esnaquizado o soño, lonxano de se realizar, todos agochados baixo unha pedra. A voz do tolo resoa en toda a praza e todos nós alterámonos dun modo irrisorio. Poucas risas botei na miña vida, son un homiño serio. Outros rin sen parar, afogan na risa, o mundo é un lenzo no que soar os mocos, a estatua da cabuxa tola no medio da avenida, todos ollan cara ela, todos estrañados. Desexa, home, ser amado, quizais non quede nada

O home pendurado da póla morreu, nos ficamos ollando o horizonte e lendo estrelas, ficamos ca ledicia de axudar, n hai pena polo morto, sabemos que mañá seremos nós e ninguén chorará.

De Manuel J.Maside

Con Iustración de Mar Ocampo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.