Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Resaca escénica

Cando fun ver Perplexo ó Carballiño, tívenlle que pedir á miña nai que por favor levase ela o coche de volta, xa que ó saír do espectáculo, tremíame o pulso. Aquela tarde subín nun carrusel de emocións grazas a IlMaquinario Teatro e a súa lectura escénica do texto de Marius Von Mayenbug, e non fun a única: lembro que nada mais se prendeu a luz de sala que anuncia o final, un neno berrou dende as primeiras filas “Mamá ¡ha sido alucinante!” . Non fomos os únicos. Esa montaxe acadou 5 premios María Casares consagrando á compañía coma unha das máis prometedoras do panorama galego. Despois de Perplexo, fin de festa. E toda festa digna non se concibe sen unha digna resaca.

O pasado fin de semana puxen a proba de novo ós meus nervios no Auditorio Municipal de Ourense, asistindo ó terceiro dos catro días de funcións inaugurais da nova montaxe de IlMaquinario. En escena  Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez ,  e nesta  ocasión, Vadim Yukhnevich, toda unha presenza musical que os ourensáns e ourensás poidemos ver recentemente en Normas para vivir na sociedade actual, de Sarabela Teatro. O espazo sonoro é música en directo, o receptor de proxeccións é unha suxerente cortina , as luces da festa son sobrias lámpadas, o misterio é un outeiro de area. Comeza o espectáulo e dous actores interveñen dende as bancadas do público rompendo a cuarta parede e tamén o ritmo escénico que ata o de agora ven marca unha cantante entregada ao amor. Interrómpena para dialogar en clave de relación amorosa. O público está xa preparado para deixarse provocar. E de súpeto, outra rotura da cuarta parede e unha navallada narrativa: despois de todo, resulta que non estabamos alí para que nos contasen outra historia de amor. Somos espectadores das entrañas de IlMaquinario, xa que nos están a contar  en primeira persona do plural a decisión de non falar de amor, de mudar o rumbo dos acontecementos. Nunca é tarde para mudar de opinión e mais cando a vida ( ou quizais a morte?) se mete no medio. Non, non falaremos de amor, falaremos de perda e de memoria. A perda de Álex, unha muller-símbolo  que todos os implicados na obra coñecen, unha muller común , e ó mesmo tempo extraordinaria, que desaparece e que vive agora nas lembranzas que rescatan do tempo compartido con ela.

aitor-uve
Fotografía de Aitor Uve

A través dun despregamento de técnica actoral, preséntasenos a historia desta Álex, que non é outra que a historia dos que a precederon: súa nai, seu pai, avó e avoa, os pais e nais destes… estamos a mergullarnos na súa xenealoxía coma se construísemos un crebacabezas do cotiá, e achegándonos con ese particular anecdotario ao  progreso, ao caciquismo, á opresión da muller, á rebeldía, á morte, etcétera. Nesta ocasión, a compañía do director Tito Asorey, apostou por unha dramaturxia propia, valéndose da colaboración da dramaturga Ana Carreira. Trátase dun espectáculo ó cal se achegan dende eles mesmos, atacando a proposta  pola vía dunha ambiciosa riqueza temática.

As imaxes escénicas revélansenos con potencia: Unha mesa, que mais ben é un baúl, que emerxe soterrada da area;  o frenesí dunha bailarina que aumenta canto máis lle din que deixe de bailar;  descubrir a chegada da luz eléctrica a un pobo galego a través da pantalla dun móbil nunha retransmisión en vivo; un misto que se está a consumir ó mesmo tempo que se esvaece unha lembranza… E máis, tantas máis, que se esvaecen tamén da miña memoria e que vós podedes recuperar visitando os teatros e acompañando a IlMaquinario para reflexionar sobre a perda e para atoparvos na memoria.

RESACA poderase desfrutar o 16 de Febreiro en Lugo e o 17 de Marzo en Vigo, despois de pasar polo festival Escenas do cambio en Santiago de Compostela.

Autora: Carlota Mosquera Rodríguez

¡VOY A DEJARLO TODO!

Pola mañá na hora do desastre cando os meus pés conxélanse na baldosa de cuarzo, feldespato e mica diríxome o servicio e o espello tórnase cóncavo e disfraza a miña pel , nese intre a pulsación miúda no meu peito empúxame a desafiar ó deseño efémero das baldosas e  o vao que contrasta co frío empana o cuarto  interferindo na composición líquida da auga. Íspome coa inquedanza interior do frío e da mudanza da pel e a sensibilidade erecta os meus pelos sen necesidade de sentir empatía cara o próximo. Desempanei o espello para solo ver os meus ollos e logo os meus beizos e logo a nada a desaparición do eu salvaxe calado pola auga quente..

Inspírame así Pablo Und Destruktion   que nos fala da mal canalizada  educación emocional dos cidadáns que xa perderon o valor de ser homes e  que xa non teñen nada que defender máis que a súa propia vergonza de ser exposta “La violencia existe desde que al hombre le ha tocado defender un territorio” afirma Pablo García o cal relaciona esta vertente no seu imaxinario anarquista coas nacións con estado e con historia democrática, civilizacións pasto dos sucesos e da regresión humán a par da impunidade tecnolóxica.

_mg_6189

Pablo, que presenta unha línea estética característica da Europa oriental e interpreta a violencia coma un desorden cognitivo mundial, afirma que a violencia e coma o lume ; nunca vai a desaparecer , os rituais da morte e a raiba necesaria atópanse obsoletos na nosa era , coma un esquezo de pertenza a unha comunidade que pide auxilio cando se agota o discurso de clase e buscamos ó inimigo onde a razón non aplica as súas regras. Pablo é un anarquista amigo do ancestral , do que os poetas malditos gardaban baixo os seus versos envelenados pola absenta. Unha prosa de liberación e esquezo da fala, como na canción que leva o título de Powder:  “Me he rapado la cabeza y afeitado la cara, tengo el aspecto de Powder pura energía , solo salgo por las noches y hago vela en las cuadras, sobre mi piel resbala el agua helada..” Canción que declama na súa vertente conceptual a exposición e a predisposición ó salvaxismo , canción para min esencial para comprender a figura de vangarda ancestral de Pablo Und Destruktion  , o cal fala das súas cancións coma un acto público de catarse colectiva para aquel que comprenda a lectura das súas letras, do seu concepto e do arte innato da reflexión da realidade actual coma suxeito que defende as costumes cun desexo de expansión e internacionalismo como punta de lanza.

Na súa posta en escea que re dirixe o asturiano , aporta a saúde animal e a furia necesaria como afirmaría o Lois ; un canto ao salvaxismo e a anterga natureza humán que nos transporta como na canción Limonov, desde Asturias al infierno  á antiga unión soviética e a súa forma de ver o mundo baixo a máscara do derradeiro soslaio de furia e onde o autor xa se transforma en poeta por uns segundos e camiña sobre o fío da navalla  o galope de Zeus convertido en touro branco no rapto de Europa sobre as dúas Europas; a do oeste e a do leste:

En breve pretendo volar a Moscú
Y hablar con Limónov de sus planes de gobierno
Donde vivo yo hay odio y hay grisú
Podría excavar un túnel desde Asturias al infierno
En breve pretendo volar a Moscú
Y llorar a moco tendido encima de la momia de Lenin
La vida moderna es como una cruz
A nadie le importa,
ríen como disidentes

_mg_6181

Pablo Und Destruktion non titubea en aportarnos a realidade que rodea o seu mundo, o karate e a música o elevan a unha percepción pausada da vida onde estes dous elementos aparecen como mediciña contra os impulsos que o converterían no seu verdadeiro alter-ego: Pablo und Destruktion , de ahí o seu nome artístico, de ahí e das lecturas de Bakunin , de Kropotkin , de Carrer , da inspiración  e condescendencia de  Tomas Berhard que compón a poesía para os sentidos , descifrando a súa compoñente violenta en voz do fracaso que é a vergoña europea por excelencia logo de tantos triunfos, primeiro; do home sobre o home ,logo; do home sobre a maquina e por último do home sobre a máquina esquecéndose do home: De tanto galopar, de tanto galopar, ya no conozco a nadie, ya no se lo que es mío, o de mis animales…

 Autor: Pablo Gómez Portas

Fotografía : Cris Armadanzas