Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

Darling bolboreta

Cría na escuridade absurda

que che empapela ata as feridas heroicas,

que nunca cicatrizaron.

Cría na sorte que predicaban pitonisas

moi mal pagadas.

Cría na intelixencia da política,

dos artistas,

e sobretodo,

cría na dos maxistrados.

Pero un día,

sen ser domingo nin luns,

para variar,

decidín deixar de crer na utopía.

Pensei na luz

e saiume claro-oscuro.

Pensei na farsa

e rexeitei a intelixencia astutamente honrada.

Confiei en que o problema

era eu e non o mundo.

E chorando,

saiume rir tanto

que afogaba no delirio

dunha frustante teoría mal formulada.

Non entendo.

Será que a loucura estaba entrando en min,

na miña casa,

tornada en cheiro insán?

E desmaieime.

Que tortura o non saber!

Pero que alegría

saber que inda non sei.

Cuestioneime se realmente existía a fantasía,

zozobrei aventuras de xitanas bonitas

que non sabían nadar,

torturei melodías,

e pequei co mundo no que estaba.

A curiosidade ante o cambio

é como a hedra do edificio pouco adornado,

compleméntanse.

Rétame a osadía dos foráneos

que se cren donos da terra.

Gústame o arte tanto como a mel.

Susurreille a un golfiño

que me mareaba o conflicto,

e sen querer,

asusteino.

Se quero,

podo aparentar que non sei respirar butano

ou que se me rompeu un ril.

Non creo no amor eterno,

mais cando vivía en utopía,

sí sabía namorar(me).

Eu,

chámome aventura,

e ela,

desafiuzoume por aduladora.

Autora: Tamila Alem González

Fotografía: Andrés Baltar Regueira

Para saber máis:

darlingbolboretas.blogspot.com.es (blog da poetisa Tamila Alem)

Tamila Alem González, Darling bolboreta (Libro que podedes adquirir no café cultural El Pueblo, en Ourense).

DE FREUD A FRAIZ IV

  • O que esté libre de pecado que enseñe o seu historial de búsquedas por Internet.

  • Agardo que algún ano, tras o sorteo de Nadal, os periodistas salgan na búsqueda dos verdadeiros protagonistas do día, para facerlle a seguinte pregunta: ¿Que se sinte logo de gastar en lotería o teu soldo, os cartos da extra de Nadal, dos regalos dos nenos e a pensión da sogra, e comprobar que non che tocou nin un triste reintegro?

  • Os que tan duramente criticastes ó ex-ministro de cultura José Ignacio Wert, parece que sodes de memoria fráxil e obviades que a sua predecesora no cargo foi a guionista dunha das obras culmen do cine patrio como «Mentiras y gordas».

  • Que pena da ver a xente tan nova, con tanta vida por diante, a rapaces que podían chegar a ser adultos espabilados , escoitando reguetón.

  • Por moi ateo ou agnóstico que te consideres, por máis que intentes evitalo, por máis que negues escoitar a sua voz, por máis lonxe que te queiras esconder da sua presencia…  onde queiras que estes, radio María seguirá tendo cobertura.

 

Autor: Tomás Fraiz Velázquez