Todas las entradas por ORBALLO

Revista Cultural da cidade de Ourense de contido cultural e social,

II Colchoneta Film Festival

“Cultura es vida. Lo que no es vida, no es cultura.”

Cuando David –miembro de la edición de esta revista- me propuso escribir un artículo (o algo que se le pareciese) sobre ARTEFICIAL, asociación cultural en la que colaboro, imagino que no se imaginaba dónde se metía. Tengo que confesar que, al principio, yo tampoco. Me dio demasiada libertad, y eso, pregúntenselo a los grandes autoritarios de nuestra Historia, no siempre es bueno. Pensaba que, para salir del paso, haría una simple y breve reseña del CFF, un Festival de filmes que estamos montando para ya mismo, o que simplemente no me mataría y mandaría un copia y pega de la nota de prensa, y ya. Y punto. Pero luego lo pensé mejor… O mejor dicho, no lo pensé. En lugar de eso, dejé que fluyera, y esto fue lo que salió, probablemente algo que no responde a la convención de nada (ni a lo que se esperaba mi querido David…).

Y es que eso, que no responda a ninguna convención, es lo que nos gusta hacer y defender desde ARTEFICIAL, una asociación que nació como grupo de colegueo hace ahora X años (X = 10, de romano, y no de “no sé realmente cuántos”), y que hoy sigue siendo una excusa para juntarse, amigarse, beberse, y esas cosas… que a la postre son las que molan. Así que se puede decir que ARTEFICIAL nace fruto de la inspiración, de la amistad, de la motivación y del valor de empezar algo, de sacarlo desde donde no hay nada, como casi siempre hacemos la juventú. Aunque decir esto es un poco injusto: en Ribadavia contamos con la incalculable herencia de nuestras padres y sobre todo nuestros madres de juntarse, de ASOCIARSE por asociarse, por hacer algo, no importa el qué (aunque la “res” pública no piense igual), ya que lo que importa es… Pues eso.

CFF_2016-1

Y después de esta apología a la ecuménica y a la borrachera en general, ahí va la breve y convencional reseña:

Este fin de semana segundo de maio, sábado e domingo, 7 e 8 para ser máis exactos, lévase a cabo en Ribadavia un encontro amistoso con proxeccións de material fílmico  de todo tipo, no que todo o que o desexe, de balde por suposto, poderá disfrutar dunha proposta que responde aos múltiples intereses dos membros da nosa asociación, comprometidos socialmente ou simplemente inquedos a nivel artístico, e que podería moi ben corresponder tamén aos vosos. Por esa razón non sería o mesmo se non contásemos coas PERSOAS detrás do celuloide, hoxe xa convertido en datos dixitais. Os creadores estarán connosco, porque só eles saben porqué fixeron o que fixeron, e porque son a razón de que decidísemos facer todo isto. Ó cabo, o cinema está para achegar mensaxes, mensaxes de todo tipo, pero sobre todo mensaxes de persoas. En principio achegámolas a Ribadavia como un regaliño para a xente da nosa vila, pero todos vós podedes vir tamén, se vos atrevedes e sodes curiosos, pois a experiencia de compartir a identidade da xente do Ribeiro, aínda que desconcertante a veces, pode resultar divertida e, por qué non, bonita. O fin e o cabo, vós tamén sodes persoas… e poida que tamén teñades unha mensaxe.

Let’s being together! O lo que es lo mismo: ¡venid a emborracharos con nosotros!

P.D.: Espero no haberos “destruído” demasiado con esta mi intrusión en vuestra revista, pero tan solo el título de la misma me ha parecido encantadoramente evocador. Me habéis dado la mano y yo os cogí el brazo. Así que gracias por leer y perdón por escribir.

Nuria S.A.

Programación do festival.

Facebook: Festival Arteficial Ribadavia


Carteleira:

Anti-mulleres (Beatriz Saiáns)
Anti-Mulleres (Beatriz Saiáns)
The exhaust note (Vicente Vázquez)
The exhaust note (Vicente Vázquez)
La sentencia (David Salgado)
La Sentencia (David Salgado)
Ser e voltar (Xacio Baño)
Ser e Voltar (Xacio Baño)
Frankenstein 04155
Frankenstein 04155


Proceso de montaxe do festival na Igrexa da Magdalena (Ribadavia):

11167967_966330390068621_8786910772609209694_n

11169991_966330353401958_6033837538041551386_n
Colchonetas donde estarán sentados os espectadores (con chocolatiño quente e mantas)

11942128_1041877515847241_8933736829300540098_o

Ideas de peregrino

 

“Santiago de Galicia espello de Portugal,

Axudarasme a vencer

Esta batalla real.”

(Copla tradicional)

 

Esquecidos nas brétemas do pasado están os tempos nos que Galicia e Portugal eran unha unidade. Os avatares do destino fixeron, hai xa case un milenio, que os camiños de ámbolos dous territorios discorreran separados, pero nos séculos que seguiron a esa escisión houbo múltiples intentos por parte dun ou do outro país de volverse  xuntar. Desto falarei  neste artigo, de dúas tentativas por parte do irmán luso de incorporar para sí as terras galaicas, usando para tal fin o noso ben patrimonial máis internacional, o Camiño de Santiago.

O primeiro destes episodios ocorreu no século XIV, Castela e Portugal estaban en guerra (1382-1385), o norte do país luso estaba en poder de moitos cabaleiros galegos ó servizo do rei de Castela, combatendo contra eles achábase o heroe nacional portugués Nuno Albares Pereira (coñecido hoxe en día coma o Condestable Santo), durante esa campaña Albares Pereira decidiu ir de romaría a Santiago de Compostela, as razóns que segundo as crónicas impulsaron ao conde portugués a facer semellante viaxe foron tres:

  1. Como non podía ser doutra forma a espiritual, “façer serviço a Deus”.
  2. A militar, xa que segundo di, tódolos lugares daquela terra estaban en servizo do rei  de Castela e quería tentar tomar algún.
  3. Aprovisionamento, di Fernao Lopes na súa crónica do rei Joao I, que os soldados que andaban con Nuno Alvares estaban faltos de cabalos, polo que decidiron ir a Galicia a coller algúns, xa que na rexión abondaban estas bestas.
Estatua de Nuno Alvares Pereira no castelo de Ourem (Portugal)
Nuno Alvares Pereita – Castelo de Ourem (Portugal)

O Condestable Santo xuntou os seus homes en Guimaraes, no mosteiro de Santo Domingo, e alí expúxolle súa idea, sendo ben acollida polos seu fieis soldados. De se o final levou a cabo seu plan non temos constancia, xa que o relato segue co resto da campaña na rexión portuguesa de entre Douro e Minho. Si que foi atacada a cidade de Tui durante a contenda, pero de se o devoto conde Nuno foi a Santiago velo apóstolo non hai máis noticia.

Habería que esperar tres centurias máis para volver a ter novas dun plan semellante. Un anónimo de finais do século XVIII fala da relación entre o pobo galego e o portugués, xa nesa época comezara o éxodo dos nosos devanceiros na procura dunha vida mellor lonxe da súa terra, no escrito fálase que van en gran cantidade a traballar a Lisboa,  chegando a dar a cifra de 40000 galegos residentes na cidade do Tejo en 1762.

Grabado Vista de Lisboa século XVIII
Gravado – Vista de Lisboa (s.XVIII)

O escritor fala de que os españois (refírese aos casteláns) os desprezan, os empregan nos traballos máis baixos e os tratan con dureza, polo que entre os de Galicia hai gran animadversión cara España, o que fai posible unha intervención de Portugal no país xa que non sería vista con malos ollos polos oriúndos del. O mesmo autor salienta a gran semellanza que hai entre ámbolos dous pobos, “os que só separan as augas do Miño”. Para rematar anima o rei de Portugal a unha intervención no reino de Galicia, afirmando que a empresa sería doada xa que con só 30000 peregrinos ben armados e disciplinados o territorio sería conquistado e doadamente defendido dos españois, xa que estes non o gardan ben.  Este campaña quedaría en papel mollado, xa que non hai confirmación de que o goberno luso chegara a preparar tal misión de conquista.

Ámbolas dúas historias quedarían coma simples anécdotas, pero como di o dito, a terceira igual vai a vencida, se agora vedes un peregrino luso facendo o camiño de Santiago desconfiade, pode que baixo a súa devoción cara o apóstolo agoche algo máis.

David Sabucedo Cardero


Para saber máis:

GALICIA vista por los no gallegos.

Alonso Montero, X.

Ed. Júcar, Madrid, 1974.