Faladoiro: O maltrato animal, neste apartadao tratamos as últimas polémicas xurdidas arredor do trato dado polos humanos ós animais. Tauramaquia, a industria alimentaria, as mascotas, ect, son algúns dos temas sobre este controvertido asunto dos que imos a falar.
NOVA SECCIÓN! A Historia Hespeitada:O mito de Roi Xordo, analizamos esta figura da historia de Galicia tentando descubrir a verdadeira historia agochada tralo mito.
Festa da toma do castelo de Moeche (La Voz de Galicia)
Lembrade que podedes escoitalo programa tódolos venres ás 16 e22h no 107.2fm ou online na web de Radio Allariz. Non o perdades!
Vinte anos atrás Café Quijano presentábase no panorama musical da man da discográfica Warner, co álbum Café Quijano.
Concerto de Ourense/fotog: Xose Garrido
Todo o que veu despois foi un éxito sin precedentes dentro do rock latino español, coa súa inconfundible maneira de “bolerizar” o rock, darlle forma pegadiza e penetrar en tódolos fogares e España para converterse no grupo que a día de hoxe é capaz de encher o Auditorio de Ourense “ata a bandeira”, con entradas que oscilaban os 20/30 euros, e repetilo en cadea, chamadoTour, que xa comezou e rondará os 50 concertos, con público que demanda outros tempos, outros ritmos; para eles a canción Perdóname en colaboración con Willy Taburete (6.3 millons de visitas en YouTube), que demostra como este grupo é capaz de reinventarse dentro da música “pegadiza” para aproveitar, degustar, o Café ata o final, deixando un poso que solo nós, o publico, podremos salvar ou aparcar na pila de cds piratas, entre Revólver e Luis Miguel.
Concerto de Ourense/fotog:Xose Garrido
Café Quijano en Ourense
Non vos perdades a videorreportaxe que fixemos do concerto do grupo na cidade de Ourense o pasado venres 16. Tédela dispoñible na nosa canle de youtube: